LETE LASA INAUGURA DÚAS INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DO PORRIÑO NAS QUE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INVESTIU PRETO DE 800.000 EUROS

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiu na xornada de hoxe ao Concello de O Porriño onde inaugurou a pista polideportiva ao aire libre ubicada no Parque Antonio Palacios, antes de desprazarse ata o campo de fútbol de Lourambal, na parroquia de Torneiros, para presentar a súa dotación de herba artificial. Para a posta en marcha de ambas infraestruturas deportivas, a Xunta de Galicia investiu preto de 800.000 euros, o que supón máis dun 80% do custo das dúas instalacións.
Deste xeito, e tal e como sinalou o secretario xeral para o Deporte, o Goberno galego segue traballando para pór a disposición dos galegos “as mellores instalacións onde practicar actividade física e deporte” de cara a “xeneralizar a súa práctica na sociedade”. “A Secretaría Xeral para o Deporte ven de destinar cerca de 140.000 euros aos clubs e entidades porriñeses, achegas ás que deben engadirse os case 800.000 euros das infraestruturas que hoxe inauguramos”, subliñou Lete Lasa. E engadiu: “A primeira posibilitará a práctica de actividade física aos veciños, e a segunda, a práctica dos xogadores das categorías inferiores dun club senlleiro e cunha traxectoria de case 70 anos: o Porriño Industrial”. Así mesmo, Lete Lasa quixo agradecer o esforzo do concello do Porriño, tanto pola achega de fondos como pola labor “das Escolas Deportivas Municipais”, que complementan o programa XOGADE a través do cal a Secretaría Xeral para o Deporte atende a “máis de 1.000 nenas e nenos porriñeses” que practican “actividades que van dende o atletismo á loita olímpica, pasando polo biatlón e duatlón, ou polo rugby”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: