LUCÍA MOLARES FELICITA Á MANCOMUNIDADE DE MONTES DE VALADARES POR RECUPERAR E PROTEXER O PATRIMONIO NATURAL DO CEPUDO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá na inauguración do novo Miradoiro do Cepudo, ubicado no cumio máis alto da cidade olívica.  A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, agradeceu esta mañá o traballo que a Mancomunidade de Montes de Valadares está a realizar pola preservación e conservación do patrimonio natural no monte Cepudo así coma pola potenciación das novas tecnoloxías coa posta en marcha do novo centro de telecomunicacións que, ademais, ofrece a posibilidade de contar con cámaras de vixiancia que permiten a loita contra os lumes.
    No acto de inauguración do novo Miradoiro do Cepudo, ubicado nos montes da parroquia viguesa de Valadares, a representante do Goberno galego na cidade felicitou aos comuneiros polo traballo que levaron a cabo no cumio máis alto do municipio dende, coma dixo, “hai unhas vistas que non existen noutro lugar do mundo”. Así, avogou por traballar “de forma conxunta” para conseguir recuperar e conservar o noso patrimonio e os nosos montes. Neste senso, matizou a importancia de incorporar as novas tecnoloxías na conservación dos montes e engadiu que este ano, no que se conmemora o Ano Internacional do Voluntariado, “nunha nova publicación da Xunta de Galicia haberá un reflexo importante do traballo que a Mancomunidade de Montes ven realizando na loita contra os lumes”, facendo fincapé na detección dos focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro pasado e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo. Por último, Molares tivo unhas verbas especiais para o traballo que as mulleres levan a cabo na Mancomunidade de Montes sinalando que, cada vez máis, teñen un peso maior na directiva; ademais de lembrar o legado que as artistas Antonella Tiozo e Filomena Almeida deixan no Roteiro das Esculturas do Mirador do Cepudo con dúas novas pezas escultóricas creadas no II Simposio Internacional de Esculturas realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: