Archivo | marzo 27, 2011

LETE LASA INAUGURA DÚAS INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DO PORRIÑO NAS QUE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INVESTIU PRETO DE 800.000 EUROS

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiu na xornada de hoxe ao Concello de O Porriño onde inaugurou a pista polideportiva ao aire libre ubicada no Parque Antonio Palacios, antes de desprazarse ata o campo de fútbol de Lourambal, na parroquia de Torneiros, para presentar a súa dotación de herba artificial. Para a posta en marcha de ambas infraestruturas deportivas, a Xunta de Galicia investiu preto de 800.000 euros, o que supón máis dun 80% do custo das dúas instalacións.
Deste xeito, e tal e como sinalou o secretario xeral para o Deporte, o Goberno galego segue traballando para pór a disposición dos galegos “as mellores instalacións onde practicar actividade física e deporte” de cara a “xeneralizar a súa práctica na sociedade”. “A Secretaría Xeral para o Deporte ven de destinar cerca de 140.000 euros aos clubs e entidades porriñeses, achegas ás que deben engadirse os case 800.000 euros das infraestruturas que hoxe inauguramos”, subliñou Lete Lasa. E engadiu: “A primeira posibilitará a práctica de actividade física aos veciños, e a segunda, a práctica dos xogadores das categorías inferiores dun club senlleiro e cunha traxectoria de case 70 anos: o Porriño Industrial”. Así mesmo, Lete Lasa quixo agradecer o esforzo do concello do Porriño, tanto pola achega de fondos como pola labor “das Escolas Deportivas Municipais”, que complementan o programa XOGADE a través do cal a Secretaría Xeral para o Deporte atende a “máis de 1.000 nenas e nenos porriñeses” que practican “actividades que van dende o atletismo á loita olímpica, pasando polo biatlón e duatlón, ou polo rugby”.

LUCÍA MOLARES CLAUSUROU O XI CURSO SOBRE A INSPECCIÓN DOS TRIBUTOS LOCAIS, ONDE AVOGOU POLA ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA INCREMENTAR A LOITA CONTRA O FRAUDE FISCAL

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, acompañada do director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, participou esta mañá no acto de clausura do certame, organizado pola Asociación Nacional de Inspectores da Facenda Pública Local e a Fundación Asesores Locais.

  • Molares resaltou que o Goberno galego, a pesar do momento de crise económica, aposta polo compromiso nas dotacións aos concellos mantendo os fondos que reciben a través do Fondo de Cooperación Local.

AXENDA // FESTIVAL SINSAL NOVE // JOSÉ GONZÁLEZ, A VOZ DO INDIE INTERNACIONAL, O 2 DE ABRIL EN VIGO

JOSÉ GONZÁLEZ, a voz do indie internacional, chega a Vigo o 2 de abril.

JOSÉ GONZÁLEZ

TEATRO CENTRO CULTURAL NOVA CAIXA GALICIA, Vigo. Leer Más…

Presentación da candidatura en Tui con Guillerme Vázquez

Acto co Portavoz Nacional do BNG o día 30 en Tui

O Bloque Nacionalista Galego ten o pracer de convidala/o ao acto de presentación da candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais que terá lugar  o mécores día 30 de marzo ás 20:30h. no Hotel Colón de Tui.:-Intervirán:Xosé M. Tato, Responsábel Local do BNG en Tui
Carme Verde, Concelleira
Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG
Laureano Alonso, Candidato á Alcaldía

PRESENTACIÓN DICIONARIO SURREALISMO. MARTES 29 MARZO 19.30H. NO MUSEO VERBUM

martes 29 de marzo ás 19.30 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a presentación do “Dicionario de surrealismo e surrealistas” a cargo do seu autor Xesús González Gómez.
A entrada é gratuíta para todos os públicos e ata completar aforamento (40 persoas). Fundamentalmente persoas interesadas no surrealismo. Leer Más…

Noticia Ayuntamiento de Vigo 25-03-11


O alcalde inaugura o paseo marítimo da ETEA e a rehabilitación da factoría Garavilla para “a utilización da cidade”

Abel Caballero inaugurou este venres ambas melloras realizadas no barrio de Teis, “demandas históricas desta cidade” que supuxeron un investimento municipal de 1,3 millóns de euros en conxunto. O alcalde recordou que o paseo marítimo da ETEA, que recupera ademais a praia, mantén a “estrutura histórica do adoquín” para axustarse aos criterios de Patrimonio. Caballero avanzou que nun mes iniciarase a reforestación de A Guía e próximamente abriranse as instalacións deportivas da ETEA.

 


O Concello e o Celta pechan con Citroën 1.500 novos aparcamentos para incentivar a presenza de aficionados celestes en Balaídos

A Alcaldía de Vigo e o Real Club Celta de Vigo pecharon este venres as negociacións coa Zona Franca e PSA Peugeot Citroën para poder utilizar 1.500 estacionamentos na Avenida Portanet para o partido deste sábado contra o Recreativo de Huelva. Estas prazas estarán dispoñibles tamén no resto de encontros celestes, segundo confirmou o alcalde, sempre e cando non traballe a factoría automobilística.

 


O tenente de alcalde di que a apertura da Pinacoteca amosa o compromiso coa recuperación e dinamización do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo hoxe unha visita previa á inauguración da Pinacoteca do Museo da Cidade “Quiñones de León”, cunha exposición de 166 obras de 83 autores, baixo o título “O fermoso rostro do país”. Segundo destacou o nacionalista, coa apertura deste novo centro cultural ubicado no restaurado Pazo de Arias Taboada, o Casco Vello recibe o maior investimento municipal da súa historia, cun total de máis de 27 millóns de euros, dos que 4,6 millóns de euros destináronse á posta en marcha da Pinacoteca.

 


Santi Domínguez afirma que a apertura do complexo de locais de ensaio Vigosónico dá resposta ás demandas da mocidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou estes venres o complexo de locais de ensaio de Vigosónico, na primeira das xornadas de portas abertas que están tendo lugar antes da súa apertura definitiva a finais no mes de abril. O nacionalista afirmou que “Vigosónico” é moito máis que uns simples locais de ensaio, senón que é “un espazo para a música e a creatividade dos mozos e mozas de cidade, pero tamén un lugar para a dinamización xuvenil”, que dá resposta as súas demandas.

 


O tenente de alcalde anuncia que en maio abrirá na Casa da Xuventude a Escola Municipal de Regueifas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu hoxe ao III Certame Escolar de Regueiras no que participan 550 alumnos e alumnas de ESO de 15 centros escolares da cidade e anunciou que no mes de maio empezará a funcionar na Casa da Xuventude a primeira Escola Municipal de Regueifas. O nacionalista lembrou que este fora un compromiso que adquirira na edición no ano pasado dun certame que promove a Concellería de Normalización Lingüística.

 

Programación da Festa da Reconquista 2011

O Casco Vello acolle a celebración da festa popular da Reconquista 2011 que se celebrará os días 26 e 27 de marzo.

 


Inaugurada a biblioteca pública municipal “Xosé Neira Vilas”

A concellería de Cultura e Animación Sociocultural promove a biblioteca pública municipal “Xosé Neira Vilas” na avda. Martínez Garrido, num. 21, como unha actuación directriz de posta en marcha de servizos bibliotecarios, dentro da rede municipal de bibliotecas que se pretende desenvolver.A biblioteca permanecerá aberta no seguinte horario. Horario de inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h e tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h. Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h; tardes: de luns a venres de 18:00 a 20:30h.

 

Apertura ó público da pinacoteca municipal

Xornadas Lingua, xénero e comunicación

A concellería de Igualdade informa que durante os días 4 e 5 de abril, pola tarde, desenvolveranse na Casa das Mulleres as Xornadas “Lingua, xénero e comunicación”. Estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan Integral de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non estereotipado

 

Xornadas Lingua, xénero e comunicación

A concellería de Igualdade informa que durante os días 4 e 5 de abril, pola tarde, desenvolveranse na Casa das Mulleres as Xornadas “Lingua, xénero e comunicación”. Estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan Integral de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non estereotipado.

 


Obradoiros entorno á exposición “Música en Branco, memoria dunha cidade” no Verbum

A exposición Música en Branco. Memoria dunha cidade, que trata de transportarnos á década dos anos 80, cando a cidade de Vigo viviu un dos seus mellores momentos de creación musical. A Movida viguesa supuxo unha reacción á música convencional da época e caracterizouse xunto coa Movida madrileña como o berce da idade de ouro do Pop Español. Aproveitando esta mostra a Casa das
Palabras propón unha serie de obradoiros para familias relacionados coa música, utilizándoa
como vehículo de experimentación e intercambio, de espontaneidade, de enerxía…

Exaccións muncipais
Período voluntario de cobranza

Contratación dunha operación do préstamo con apertura de póliza de crédito a longo prazo

 

Exaccións muncipais
Período voluntario de cobranza

Contratación dunha operación do préstamo con apertura de póliza de crédito a longo prazo