SANTI DOMÍNGUEZ: “O BNG LIDERARÁ A ALTERNATIVA Á DEREITA EN VIGO E EN TODO O PAÍS”
O candidato á alcaldía de Vigo asegurou que os concellos nos que gobernan os nacionalistas son un exemplo de políticas sociais O candidato á alcaldía de Vigo polo BNG foi un dos oradores da Convención Electoral Nacional, onde asegurou que o BNG “liderará a alternativa á dereita, en Vigo e no conxunto do país”.“Temos que facer dos concellos un parapeto contra a crise e contra as políticas de dereitas que implanta o Partido Popular desde a Xunta e as deputacións que goberna”, dixo, ao tempo que advertiu do risco que o PP traslade aos concellos as política que está a aplicar en outras institucións Asegurou que os concelleiros e concelleiras do BNG vigués defenden “desde o goberno municipal, as políticas de igualdade e benestar”. “A Xunta non dá un peso para benestar, pero nós ampliamos a cobertura aos máis desfavorecidos”, asegurou. Así mesmo, sinalou que “a Deputación do señor Louzán non dá un peso para igualdade, pero nós finaciamos un centro de emerxencia para as mulleres vítimas da violencia de xénero”. “Se eles prefiren darlle os cartos de todos ás empresas amigas, nós investimos en políticas que favorecen ás mulleres, aos mozos, e aos traballadores e traballadoras”, remachou o candidato nacionalista. Un proxecto para cada concello e para toda Galiza Domínguez asegurou que o BNG “cre nunha Galiza máis libre e máis xusta, e por iso ten un proxecto para cada concello, pero tamén un proxecto de país”. Asegurou que así o demostrou en Vigo “defendendo a creación dunha caixa galega que mantivese o seu carácter semi-público comprometido cos sectores produtivos do país, sen deixarse levar polo localismo mal entendido”. Apoiando as mobilizacións.-Domínguez recordou que o BNG sempre apoiou as mobilizacións dos sectores progresistas sociedade galega: “En Vigo, e no conxunto do país, a a cidadanía mobilizouse contra a privatización da sanidade pública ou contra os recortes sociais e de dereitos laborais, e aí estivo o BNG”.