Archive | marzo 29, 2011

PRESENTACIÓN DE "VAMPIRE LOVER", NOVO DISCO DE TRANSILVANIANS.

Transilvanians presenta o seu primeiro longa duración despois de unha discografía de un EP de catro cancións no ano 2006 e un Single de duas editado o pasado ano polo selo madrileño Liquidator Music. O novo traballo chamase «Vampire Lover», e o compoñen seis pezas de composición propia e outras catro versións habituais nas suas incendiarias actuacións. Neste disco podese apreciar o gusto da banda pola música xamaicana e o soul dos anos sesenta. Cancións executadas con respeto e rigurosa elegancia, atmósferas tenebrosas, ritmos hipnóticos, cancións de amores sanguinolentos, esencia jazzy e moito groove. O Disco está autoproducido pola banda, gravado no seu centro de operacións «Studio Juan», por Bruno Jiménez.
Está editado por ZombieJ, o seu propio selo. Dende a sua fundación no ano 2004, esta banda viguesa formada por vellos coñecidos da escea da cidade olívica, investiga e afonda na música sixtie con alma negra.
O grupo vai mutando e trocando de formación segun as circunstancias ou evolución natural do proxecto. Este venres 1 de Abril, será a derradeira oportunidade de ver esta formación en acción, xa que ademais de presentar novo traballo, dan por finalizada unha etapa mudando algun dos compoñentes.  De seguro que seguiran a demostrar a sua versatilidade e bo facer en formato
reducido.

VIERNES 1 DE ABRIL (LA IGUANA CLUB, VIGO) 00:00h. 5€ o 10€ con CD

 

 

 

 

.

.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 29-03-11 Galicia


Caballero asegura que o novo Auditorio Mar de Vigo contribúe á toma de «conciencia de cidade» dos vigueses

O alcalde de Vigo deu este martes a «noraboa a toda a cidade» pola apertura a pasada fin de semana do novo Auditorio Pazo de Congresos «Mar de Vigo», en Beiramar, «un éxito absoluto» culminado polo concerto de Luz Casal que ven sumar á «conciencia de cidade» dos vigueses. Abel Caballero recordou que trátase do maior Auditorio de Galicia e foi sufragado «na súa práctica totalidade» pola cidade.

 


O alcalde convocará a Moaña e Cangas para propor unha «formula que garanta o abastecemento» de auga ao Morrazo «sen romper» Vigo

Abel Caballero convocará aos seus homólogos de Moaña e Cangas para proporlles unha «fórmula que garanta o abastecemento» de auga ao Morrazo «sen romper» Vigo, que pasaría por «duplicar» o emisario submariño, onde atópase «o problema real» polas dificultades que presenta a solución das avarías. Esta opción aseguraría o «caudal máximo» de auga ao Morrazo e evitaría «romper» a cidade de Vigo.

 


Santi Domínguez salienta que o Concurso de Fotografía é unha peza fundamental para difundir a recuperación do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns a terceira edición do Concurso de Fotografía do Casco Vello, «O novo Vigovello: unha visión en positivo do Casco Vello de Vigo», ao que se poden presentar os traballos ata o 25 de abril. O nacionalista destacou que este certame é tamén unha peza fundamental para difundir o traballo feito na recuperación do Casco Vello.

 


O Concello colaborará cos químicos na divulgación da súa aportación aos sectores económicos estratéxicos da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes ao Decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho, a cooperación municipal na celebración dos días 10 e 11 de novembro do Día da Química, onde o colectivo profesional ocupará as rúas de Vigo para divulgar entre a cidadanía o papel deste sector no naval, a farmacia ou a automoción. O Concello tamén colaborará co Colexio no congreso que terá lugar este verán con 250 químicos de Galicia e do norte de Portugal.

 


Xesus López di que a participación no XIII concurso de piano «Ría de Vigo» bate récords con 50 inscricións

O concelleiro de Cultura, Xesus López, participou este luns na presentación do concurso de piano «Ría de Vigo», que se celebrará os días 1, 2 e 3 de abril, nos salóns do Real Club Náutico e no Auditorio Municipal. Segundo destacou o concelleiro nacionalista, a participación nesta decimoterceira edición do certame bate todos os récords, con 50 inscricións rexistradas.

 


Xabier Alonso salienta que o Trofeo Cidade de Vigo de Patinaxe reunirá o 1 e 2 de abril a máis de 500 deportistas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a primeira edición da Copa de España de Grupos Show Trofeo Cidade de Vigo de Patinaxe Artística, que se celebrará os días 1 e 2 de abril no pavillón de As Travesas. O nacionalista destacou que esta nova competición reunirá a máis de 500 deportistas de 11 federacións autonómicas, das que a catalana e a galega son as máis numerosas.

 

A Orquestra e o Coro Vigo 430 interpretan mañá mércores no Auditorio Municipal un programa que inclúe obras de Schubert e Mozart

O Auditorio Municipal acolle mañá mércores, ás 20.30 horas, a actuación da Orquestra e o Coro Vigo 430, no marco do programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concerto terá a Alejandro Garrido como director da Orquestra e a Marta Sancho como directora do Coro. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


Caballero inaugurou as humanizacións de San Salvador, Condesa Casa Bárcena e Santo Domingo

O alcalde e distintos concelleiros municipais asistiron nesta fin de semana á inauguración oficial destes tres viais, localizados no entorno de Pizarro, para as que destinouse 1,4 millóns de euros. Estas melloras súmanse as xa realizadas na zona, como a propia humanización de Pizarro ou a apertura do parque.

 


O alcalde inaugurou a humanización e axardinamento da unión da Avda. Fragoso con Eugenio Kraff

Abel Caballero acudiu esta pasada fin de semana a Balaídos para inaugurar esta reforma, coa presenza de distintos concelleiros municipais e da senadora Carmela Silva. Este espazo goza agora dunha parcela verde e novas prazas de aparcamento, ademais da ampliación das beirarrúas, e completa as humanizacións levadas a cabo polo Concello na propia Eugenio Kraff ou nas avenidas de Portanet e Balaídos, entre outras do barrio.

 


Abel Caballero e Chus Lago participaron na prantación de árbores de Medioambiente no humidal de Muíños

O alcalde e a concelleira de Medioambiente participaron a pasada fin de semana nesta iniciativa dirixida á infancia co dobre obxectivo de recuperar o arborado autóctono polo Dia Mundial da Árbore e para continuar coa rehabilitación municipal do humidal de Muíños. Neste espazo, o Concello xa limpou 900 toneladas de escombro, especies invasoras etc que permitiu a repoboación da fauna.

 


Presentación do «Dicionario de surrealismo e surrealistas» no Verbum

O Museo Verbum xunto coa Fundación Eugenio Granell e Edicións A Nosa Terra presentan o martes 29 de marzo ás 19.30 horas a obra de Xesús González Gómez «Dicionario de surrealismo e surrealistas».

Sessão Sobre Robótica em Valençã -Portugal

A Câmara Municipal de Valença promoveu uma demonstração de robótica, para os alunos do Agrupamento de Escolas “Muralhas do Minho” de Valença, em 29 de Março, na Biblioteca Municipal, a cargo do Grupo de Automação e Robótica da Universidade do Minho.

    Transmitir aos alunos a temática da educação para a energia e partilhar informação de carácter técnico/prático para a realização das actividades previstas na Escola da Energia 2011, bem como conhecer as investigações em técnologia de ponta, na àrea da robótica, foi o objectivo da sessão.

    Os alunos tiveram a oportunidade de apreciar diversos tipos de robôs e as suas múltiplas funções.

    Ao longo da sessão foram apresentados, também, os principais eventos da área da robótica em que o Grupo de Automação e Robótica da Universidade do Minho, costuma participar, nomeadamente, a Robocup, Festival Nacional de Robótica e Eurobot.

    A demonstração esteve a cargo do professor Fernando Ribeiro, da Universidade do Minho, investigador nas áreas de robótica, prototipagem rápida, simulação e multimédia.

    Este grupo, com início em 1997, é bastante dinâmico e tem participado já em variados eventos científicos e tecnológicos, quer nacionais quer internacionais. Dedica-se à realização de trabalhos na área da robótica industrial, robótica móvel, robótica autónoma, simulação gráfica de robôs, processamento de imagem e automação em geral.

    Esta iniciativa inseriu-se no projecto Eco Escolas de Valença que conta com a colaboração da Associação Bandeira Azul da Europa.

Valenciana Galardoada – Portugal

Inês Fernandes Ganha Galardão O Minhoto do Desporto Adaptado

    A atleta valenciana Inês Fernandes ganhou o o Galardão Troféus “O Minhoto”, da XV edição, para a modalidade do Desporto Adaptado, por proposta da Câmara Municipal. O arbitro internacional de hóquei em patins José Monteiro esteve, também, entre  os nomeados para os galardões que agraciou os atletas que se destacaram no Minho, nas mais diversas modalidades.

    Inês Fernandes é a atleta valenciana mais medalhada de sempre com um vasto palmares. Recentemente ganhou a medalha de ouro e consagrando-se campeã da Europa de Pista Coberta de Lançamento de Peso INAS-FID, na Finlândia, com a marca 11.91 metros.

    Segundo o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, “Este prémio é justo e o resultado do esforço e persistência com que a Inês supera os obstáculos de cada dia. é um orgulha para os valencianos”.

    Do curriculum de Inês Fernandes fazem parte já medalhas de prata no lançamento de peso e do martelo feminino, no Campeonato do Mundo  do ano transacto, bem como o título de vice-campeã do mundo I.N.A.S.-F.I.D. em atletismo, nas provas realizadas na cidade brasileira de Fortaleza em 2007.

    Inês Fernandes, actualmente com 20 anos, treina desde os treze, e junta ao seu palmarés o título de campeã da Europa de Lançamento do Peso em Pista Coberta.

    Os Troféus Desportivos “O Minhoto”, existente há 15 anos, pretende homenagear os atletas minhotos, que se tenham destacado nas mais diversas modalidades.

PORTOS DE GALICIA RESEÑA QUE A SÚA PROPOSTA PARA O PORTO DE AGUETE É A ÚNICA OPCIÓN SOSTIBLE PARA MELLORAR O ABRIGO SEN AFECTAR Á PRAIA

Portos de Galicia reseña que a proposta de mellora do abrigo do porto de Aguete, presentada días atrás na localidade marinense, é a única opción sostible para mellorar as condicións de protección e seguridade da flota, sen afectar á praia e aos valores naturais do contorno. O ente público ratifica a este respecto o seu posicionamento a prol das instalacións sostibles, que respecte o medio ambiente, ao mesmo tempo que cumpren coa súa función portuaria. Leer más…

O PROXECTO AQUELANDO 2 SUPERA AS 200 INSERCIÓNS LABORAIS NO SECTOR DE ATENCIÓN A PERSOAS

O Proxecto Aquelando 2, enmarcado no Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra, leva a cabo, a través da súa bolsa de emprego, unha importante tarefa de intermediación laboral no ámbito de atención a persoas (maiores, persoas discapacitadas, infancia, …). Este servizo está orientado ó alumnado participante na formación impartida por este proxecto e a día de hoxe son xa 214 as persoas insertadas no mercado de traballo, a través dos diferentes itinerarios formativos de Aquelando 2, en actividades laborais como axuda a domicilio, coidado de persoas discapacitadas, servizos xeriátricos, atención á infancia, comedores escolares, …  Actualmente este proxecto está a desenvolver a súa 3ª edición de cursos, de diversa duración entre 3 e 7 meses, levándose a cabo nestes momentos a súa fase final de formación teórica ou o desenvolvemento das prácticas, segundo o caso. Os 8 cursos que están sendo impartidos son:

  • “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio”: En Ponteareas. Leer más…

Histórias do Pijama em Valença- Portugal

A Biblioteca Municipal de Valença vai promover as Histórias do Pijama – Uma Aventura na Biblioteca, na noite d A Biblioteca Municipal de Valença vai promover as Histórias do Pijama – Uma Aventura na Biblioteca, na noite de 1 para 2 de Abril.

O evento começa às 21.30 h do dia 1 de Abril e termina às 9 h do dia 2 de Abril e destina-se a crianças entre os 5 e os 12 anos. Um grupo de 43 crianças, acompanhado de pais e dos monitores da Biblioteca, dará corpo à iniciativa que este ano estará subordinada ao tema da reciclagem. Leer más…

El PP le pide al alcalde que no engañe a los vigueses sobre el Auditorio porque la Xunta es la administración que más ha invertido

  • auditorio-inauguracion
  • En 2004 se firmó el convenio entre el Concello y la Xunta, siendo alcaldesa Corina Porro
  • Es un proyecto de todos no sólo de Abel Caballero Leer más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA QUE O CONCURSO EÓLICO SEGUE O SEU PROCESO NORMAL E QUE AS EMPRESAS ADXUDICATARIAS FORON AS MELLOR VALORADAS

  • A Consellería de Economía e Industria quere lembrar que, cumprindo escrupulosamente co que marca a Lei, comprobou a solvencia técnica, económica e financeira e a capacidade legal das empresas que se presentaron para afrontar os seus proxectos eólicos e industriais
  • A antigüidade da constitución dunha empresa é irrelevante nun procedemento no que se garante a posta en marcha dos proxectos industriais asociados aos novos parques eólicos e a creación de novos postos de traballo
  • A Consellería de Economía e Industria apunta que o actual concurso garante a blindaxe da execución dos proxectos empresariais, algo que non facía o anterior procedemento e que cobra se cabe máis importancia no actual contexto económico Leer más…