ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA QUE O CONCURSO EÓLICO SEGUE O SEU PROCESO NORMAL E QUE AS EMPRESAS ADXUDICATARIAS FORON AS MELLOR VALORADAS
A Consellería de Economía e Industria quere lembrar que, cumprindo escrupulosamente co que marca a Lei, comprobou a solvencia técnica, económica e financeira e a capacidade legal das empresas que se presentaron para afrontar os seus proxectos eólicos e industriais
- A antigüidade da constitución dunha empresa é irrelevante nun procedemento no que se garante a posta en marcha dos proxectos industriais asociados aos novos parques eólicos e a creación de novos postos de traballo
- A Consellería de Economía e Industria apunta que o actual concurso garante a blindaxe da execución dos proxectos empresariais, algo que non facía o anterior procedemento e que cobra se cabe máis importancia no actual contexto económico
A Consellería de Economía e Industria quere salientar que o concurso eólico segue o seu camiño normal e que nada cambia na adxudicación de 2.325 novos MW eólicos que permitirán cumprir co obxectivo marcado polo Parlamento de Galicia de chegar ao ano 2012 con 6.500 MW de potecia eólica autorizada. Todos os obxectivos marcados no Plan Re-Xurde vanse acadar logo de aportar seguridade xurídica ao sector a través dunha Lei pioneira, racionalizar o procedimento administrativo autorizador dende a transparencia, a obxectividade e a axilidade administrativa, e garantir os plans industriais a través dos requisitos financeiros e a materialización dos parques para recuperar o liderado perdido na etapa anteriore.A Consellería de Economía e Industria quere lembrar que, cumprindo escrupulosamente co que marca a Lei, comprobou a solvencia técnica, económica e financeira e a capacidade legal das empresas que se presentaron para afrontar os seus proxectos eólicos e industriais, e salienta que a antigüidade da constitución dunha empresa é irrelevante nun procedemento no que se garante a posta en marcha dos proxectos industriais asociados aos novos parques eólicos e a creación de novos postos de traballo. A Consellería de Economía e Industria apunta que o actual concurso garante a blindaxe da execución dos proxectos empresariais, algo que non facía o anterior procedemento e que cobra se cabe máis importancia no actual contexto económico, e destaca que o ratio de emprego por MW é agora o dobre que antes, con 1,36 empregos, e o ratio de investimento por MW é tres veces superior, cun investimento de 931.000 euros. A Consellería de Economía e Industria quere apuntar tamén que as empresas adxudicatarias pola resolución do re-Xurde 2010 foron as mellor valoradas no marco dun proceso que se baseou nunha orde rigorosa, transparente e obxectiva coñecida por todos e lonxe de calquera decisión subxectiva. Deste xeito, a resolución do re-Xurde, baseada nun concurso e non nun reparto, fai que Galicia sexa a única gañadora da convocatoria despois de aplicar criterios obxectivos, transparentes e seguros xuridicamente presentados e coñecidos de antemán, o que deu como resultado un proceso impecable, con criterios de servicio público e fácilmente cuantificables, levado a cabo coa máxima transparencia para que Galicia recupere o liderado eólico Coa resolución, en definitiva, Galicia recupera o tempo perdido, e recupera a senda do desenvolvemento eólico e industrial, un camiño que culminouse en tempo e forma, logo de completar un percorrido que en ta só 11 meses acadou o compromiso de impulsar unha Lei de Aproveitamento Eólico de Galicia e unha convocatoria de admisión a trámite rigorosa, transparente e obxectiva que demostra o cumprimento dos compromisos adquiridos coa cidadanía galega polo Goberno da Xunta, e que desbloquean o sector e poñen a Galicia en disposición de recuperar o liderado neste eido que nunca debeu perder.