Noticias Ayuntamiento de Vigo 29-03-11 Galicia


Caballero asegura que o novo Auditorio Mar de Vigo contribúe á toma de “conciencia de cidade” dos vigueses

O alcalde de Vigo deu este martes a “noraboa a toda a cidade” pola apertura a pasada fin de semana do novo Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, en Beiramar, “un éxito absoluto” culminado polo concerto de Luz Casal que ven sumar á “conciencia de cidade” dos vigueses. Abel Caballero recordou que trátase do maior Auditorio de Galicia e foi sufragado “na súa práctica totalidade” pola cidade.

 


O alcalde convocará a Moaña e Cangas para propor unha “formula que garanta o abastecemento” de auga ao Morrazo “sen romper” Vigo

Abel Caballero convocará aos seus homólogos de Moaña e Cangas para proporlles unha “fórmula que garanta o abastecemento” de auga ao Morrazo “sen romper” Vigo, que pasaría por “duplicar” o emisario submariño, onde atópase “o problema real” polas dificultades que presenta a solución das avarías. Esta opción aseguraría o “caudal máximo” de auga ao Morrazo e evitaría “romper” a cidade de Vigo.

 


Santi Domínguez salienta que o Concurso de Fotografía é unha peza fundamental para difundir a recuperación do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns a terceira edición do Concurso de Fotografía do Casco Vello, “O novo Vigovello: unha visión en positivo do Casco Vello de Vigo”, ao que se poden presentar os traballos ata o 25 de abril. O nacionalista destacou que este certame é tamén unha peza fundamental para difundir o traballo feito na recuperación do Casco Vello.

 


O Concello colaborará cos químicos na divulgación da súa aportación aos sectores económicos estratéxicos da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes ao Decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho, a cooperación municipal na celebración dos días 10 e 11 de novembro do Día da Química, onde o colectivo profesional ocupará as rúas de Vigo para divulgar entre a cidadanía o papel deste sector no naval, a farmacia ou a automoción. O Concello tamén colaborará co Colexio no congreso que terá lugar este verán con 250 químicos de Galicia e do norte de Portugal.

 


Xesus López di que a participación no XIII concurso de piano “Ría de Vigo” bate récords con 50 inscricións

O concelleiro de Cultura, Xesus López, participou este luns na presentación do concurso de piano “Ría de Vigo”, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de abril, nos salóns do Real Club Náutico e no Auditorio Municipal. Segundo destacou o concelleiro nacionalista, a participación nesta decimoterceira edición do certame bate todos os récords, con 50 inscricións rexistradas.

 


Xabier Alonso salienta que o Trofeo Cidade de Vigo de Patinaxe reunirá o 1 e 2 de abril a máis de 500 deportistas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a primeira edición da Copa de España de Grupos Show Trofeo Cidade de Vigo de Patinaxe Artística, que se celebrará os días 1 e 2 de abril no pavillón de As Travesas. O nacionalista destacou que esta nova competición reunirá a máis de 500 deportistas de 11 federacións autonómicas, das que a catalana e a galega son as máis numerosas.

 

A Orquestra e o Coro Vigo 430 interpretan mañá mércores no Auditorio Municipal un programa que inclúe obras de Schubert e Mozart

O Auditorio Municipal acolle mañá mércores, ás 20.30 horas, a actuación da Orquestra e o Coro Vigo 430, no marco do programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concerto terá a Alejandro Garrido como director da Orquestra e a Marta Sancho como directora do Coro. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


Caballero inaugurou as humanizacións de San Salvador, Condesa Casa Bárcena e Santo Domingo

O alcalde e distintos concelleiros municipais asistiron nesta fin de semana á inauguración oficial destes tres viais, localizados no entorno de Pizarro, para as que destinouse 1,4 millóns de euros. Estas melloras súmanse as xa realizadas na zona, como a propia humanización de Pizarro ou a apertura do parque.

 


O alcalde inaugurou a humanización e axardinamento da unión da Avda. Fragoso con Eugenio Kraff

Abel Caballero acudiu esta pasada fin de semana a Balaídos para inaugurar esta reforma, coa presenza de distintos concelleiros municipais e da senadora Carmela Silva. Este espazo goza agora dunha parcela verde e novas prazas de aparcamento, ademais da ampliación das beirarrúas, e completa as humanizacións levadas a cabo polo Concello na propia Eugenio Kraff ou nas avenidas de Portanet e Balaídos, entre outras do barrio.

 


Abel Caballero e Chus Lago participaron na prantación de árbores de Medioambiente no humidal de Muíños

O alcalde e a concelleira de Medioambiente participaron a pasada fin de semana nesta iniciativa dirixida á infancia co dobre obxectivo de recuperar o arborado autóctono polo Dia Mundial da Árbore e para continuar coa rehabilitación municipal do humidal de Muíños. Neste espazo, o Concello xa limpou 900 toneladas de escombro, especies invasoras etc que permitiu a repoboación da fauna.

 


Presentación do “Dicionario de surrealismo e surrealistas” no Verbum

O Museo Verbum xunto coa Fundación Eugenio Granell e Edicións A Nosa Terra presentan o martes 29 de marzo ás 19.30 horas a obra de Xesús González Gómez “Dicionario de surrealismo e surrealistas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: