O PROXECTO AQUELANDO 2 SUPERA AS 200 INSERCIÓNS LABORAIS NO SECTOR DE ATENCIÓN A PERSOAS

O Proxecto Aquelando 2, enmarcado no Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra, leva a cabo, a través da súa bolsa de emprego, unha importante tarefa de intermediación laboral no ámbito de atención a persoas (maiores, persoas discapacitadas, infancia, …). Este servizo está orientado ó alumnado participante na formación impartida por este proxecto e a día de hoxe son xa 214 as persoas insertadas no mercado de traballo, a través dos diferentes itinerarios formativos de Aquelando 2, en actividades laborais como axuda a domicilio, coidado de persoas discapacitadas, servizos xeriátricos, atención á infancia, comedores escolares, …  Actualmente este proxecto está a desenvolver a súa 3ª edición de cursos, de diversa duración entre 3 e 7 meses, levándose a cabo nestes momentos a súa fase final de formación teórica ou o desenvolvemento das prácticas, segundo o caso. Os 8 cursos que están sendo impartidos son:

  • “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio”: En Ponteareas.
  • “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”: En Marín e Pontecesures.
  • “Auxiliar de coidado infantil”: En Vigo.
  • “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”: En Nigrán e A Estrada.
  • “Operacións básicas de catering”: En Vilagarcía de Arousa e Redondela.

No mes de Abril porase en marcha dende este proxecto o “Itinerario 2”, para o cal estase actualmente recepcionando ás persoas interesadas, que deberán posuír un mínimo de 300 horas de formación no sector de atención a persoas. A través deste itinerario terán a posibilidade de realizar 200 horas de prácticas nalgún centro relacionado coa súa formación e 35 horas de formación teórica transversal a distancia en “Igualdade de oportunidades”, “Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social”, “Novas tecnoloxías da información” e “Fomento do medio ambiente”. O alumnado poderá solicitar una beca de formación durante o período que duren as prácticas e incluiráselle na bolsa de emprego do proxecto. Aquelando 2 conta ademais co SILAP (Servizo de Intermediación Laboral en Atención a Persoas), orientado a persoas que teñan formación e/ou experiencia relacionada con atención a persoas e busquen traballo no sector.

Para participar en calquera das actividades deste proxecto poden poñerse en contacto ó 986 80 41 00 Ext: 41215-41217.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: