PORTOS DE GALICIA RESEÑA QUE A SÚA PROPOSTA PARA O PORTO DE AGUETE É A ÚNICA OPCIÓN SOSTIBLE PARA MELLORAR O ABRIGO SEN AFECTAR Á PRAIA

Portos de Galicia reseña que a proposta de mellora do abrigo do porto de Aguete, presentada días atrás na localidade marinense, é a única opción sostible para mellorar as condicións de protección e seguridade da flota, sen afectar á praia e aos valores naturais do contorno. O ente público ratifica a este respecto o seu posicionamento a prol das instalacións sostibles, que respecte o medio ambiente, ao mesmo tempo que cumpren coa súa función portuaria.
O organismo que preside José Manuel Álvarez-Campana presentou aos usuarios de Aguete un proxecto, enmarcado no Programa de Inversións para este porto, no que se contempla a instalación dun dique flotante. Este mellorará a protección das embarcacións respecto dos ventos que azotan a zona e as condicións climatolóxicas adversas. Do mesmo modo, estudiaranse os beneficios que esta instalación poida xerar para a seguridade do fondeo. Cómpre clarexar que Portos de Galicia descarta a instalación dunha escollera, ou instalación ríxida, que protexería de xeito total a flota fronte ao mar de fondo, debido aos efectos nocivos que xeneraría no entorno ambiental. O ente público defende a programación e execución de proxectos sostibles, que respecte o contorno no que se levan a cabo. Sen embargo, o ente público, tras prantexar esta solución de compromiso, segue a traballar na complementación das fórmulas de abrigo en Aguete, estudando as posibilidades técnicas que permitan implementar as medidas de protección para os fondeos, sen perxuicios dos valores naturais. Neste sentido, Portos está a avaliar posibles aplicacións prácticas das técnicas de I+D+i.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: