FESTIVAL SINSAL NOVE // JOSÉ GONZÁLEZ ESTE SÁBADO EN VIGO

JOSÉ GONZÁLEZ, a voz do indie internacional, chega a Vigo o 2 de Abril.

O concerto de CASS MCCOMBS será o 20 de Maio no MARCO..-

TEATRO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA, Vigo.
Sábado 2 de abril, 21:00.- O prometido é débeda, dous anos despois de cancelar a xira que nos deixou sen a súa presencia no Sinsal 7, José González volve ao festival co seu folk de guitarra, a súa voz grave e suave e a súa mestría para envolver con melodías sinxelas e introspectivas. Líder tamén do trío Junip, en Vigo preséntase en solitario, ben pouco é o que precisa este cantautor do século XXI para conectar coa audiencia. Publica o seu primeiro disco no 2003, Veneer, acollido con interese e aos poucos no mercado indie europeo ata que Sony escolle o corte Heartbeats, versión do tema homónimo dos tamén suecos The Knife, para unha campaña mundial que termina de convertir Veneer nun superventas e a José González no artista cotizado que é hoxe. No 2007 publica In Our Nature, afondando nas súas teimas formais e baseándose nos traballos do biólogo Richard Dawkins, incluíndo tamén unha versión, a de Teardrop de Massive Attack, que unha vez máis se convirte nun éxito internacional. Estes dous discos e a serie de Eps que os acompañou son xa clásicos contemporáneos que José González pasea polo mundo interpretando e reinterpretando, engadindo ao repertorio novas cancións propias e versións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: