Balance aqualia 2010
Equivale aproximadamente a dúas veces a distancia entre Vigo e Mos
Vigo substituíu máis de 21.000 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade durante o último ano
Cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal Preto de 5.000 vigueses solicitaron en 2010 a e-factura, un 43% máis que en 2009. Máis de 66 millóns de m 3 de auga depurados En 2010, captáronse 36.130.503 m 3 de auga. O servizo municipal de auga de Vigo dispón de tres captacións diferenciadas para a auga de subministración domiciliaria, o manancial de Bembrive – Beade e as presas de Eiras e Zamáns. En concreto, a presa de Eiras que tivo un volume máximo de 20,69 Hm3 contou cun nivel medio de capacidade do 86,45% en 2010. Pola súa banda, a presa de Zamáns ten un volume máximo de 1,99 Hm e durante o pasado ano, tivo unha capacidade media de 93,90%. O máximo subministrado en 2010 foi de 112.320 m3/día. As dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (Lagares e Teis) depuraron en 2010 un total de 66.275.908 m3de auga.