Noticias Ayuntamiento de Vigo – 31-03-2011


O alcalde anuncia que “en próximos días” extenderase a norma contra o botellón á rúa Chao

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno na provincia, Delfín Fernández, mantiveron hoxe xoves unha reunión de “coordinación” sobre a “alarma social” causada na rúa Chao, no Casco Vello, derivada da “marxinalidade” que a frecuenta. O primeiro edil adiantou que o Concello tramitará ampliar á ordenanza contra o chamado botellón á zona, e “non escatimaremos esforzos” nin “ningunha medida” para rebaixar a “tensión” xerada no entorno, afirmou Caballero.

 


O alcalde salienta a “calidade excepcional” da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010

Caballero felicitou a aqualia polo seu traballo, sobre todo pola “dificultade” do abastecemento, xa que Vigo ten “a metade” de rede de abastecemento de auga que Madrid, pese a ter unha décima parte da poboación. O primeiro edil recordou que as humanizacións incluíron a renovación dos servizos soterrados. O balance de 2010 arroxa que cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal.

 


Benestar Social destina 106.300 euros a cinco entidades que traballan nos eidos da discapacidade e a cooperación

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves os convenios asinados con cinco entidades sen ánimo de lucro da cidade que traballan no campo da discapacidade e a solidariedade internacional, como son as asociacións Doa, Down, Fundación Menela, Asociación de Persoas Xordas de Vigo e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A edil do BNG salientou que a contía total destes convenios é de 106.300 euros, que supoñen “un empuxe necesario para as asociacións e porque nas subvencións fallan outras administracións”.

 


Iolanda Veloso presenta o abano de actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas para os vindeiros dous meses, que inclúen xornadas, ciclos sobre saúde, cine, presentación de libros, exposicións e un obradoiro literario, entre outras propostas. “Con estas iniciativas preténdese chegar a toda a cidadanía, de diferentes idades e distintos intereses en dous espazos emblemáticos, e que permitan camiñar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria”, destacou a concelleira nacionalista.

 


Vigozoo organiza un curso de xestión e conservación da flora e fauna en Galicia

Vigozoo abre o prazo de inscrición nun curso de carácter divulgativo no que se pretende dar unha imaxe xeral da situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular, e na Península Ibérica en xeral.

 

Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as II Xornadas de Teatro Escolar

Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.

 

Bando do Alcalde co gallo do Día da Reconquista 2011

Discurso do alcalde con motivo da gala dos Vigueses Distinguidos 2011

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: