O BNG solicita aclaracións sobre a redución das beirarrúas en Mariano Ordóñez

O BNG entende o urbanismo como un instrumento ao servizo do pobo, con centros urbanos onde prime a presenza dos peóns sobre os vehículos A Guarda, 31 marzo 11. O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no concello da Guarda solicitando aclaracións sobre o drástico recorte das beirrarúas en Mariano Ordoñez.
As obras de urbanización deste vieiro, que conta cun orzamento de máis de 220.000€, están a piques de rematar. O proxecto orixinal contemplaba unha calzada de 3,50 m. e unhas beirarrúas de 1,80 m. Tendo así,como resultado final, unha rúa con prioridade peonil. Neste intre, o proxecto mudou e as beirarrúas só teñen ao redor de 1m. O BNG na Guarda quere saber a que se debe esta modificación e que criterios se están a ter en conta, dado que a modificación proxecto cambia de totalmente a estrutura da rúa.
“Esta modificación vai supor hipotecar a humanización da rúa no futuro, sen abordar con seriedade os problemas de aparcamento que existen na zona. Dende o BNG non entendemos que se priorize o tráfico rodado ao peonil”, comentou Xan Lois.
Cómpre destacar que esta rúa hai tempo que é de sentido único, polo que é viábel dotala dunhas beirarrúas de 1,80 como estaba proxectado inicial. Isto é o que o grupo de goberno do PSOE entende por humanizar. O BNG entende o urbanismo doutro xeito, un instrumento ao servizo do pobo, con centros urbanos onde prime a presenza dos peóns sobre os vehículos

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: