O INSTITUTO CERVANTES DE BRUXELAS INAUGURA HOXE A EXPOSICIÓN DO “PROYECTO NEUSTON”, CREADA POLO MUSEO DO MAR DE GALICIA
A mostra estará en itinerancia por distintas sedes do Instituto Cervantes, grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Museo do Mar de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e o Instituto Cervantes
O proxecto se exhibirá tamén nos Institutos Cervantes de Fez (Marrocos) e Sidney (Australia)
O Instituto Cervantes de Bruxelas exhibirá, a partir de hoxe, a exposición “Proyecto Neuston. Experimento1. Explorando la interfase”, como resultado do convenio de colaboración alcanzado en febreiro entre o Museo do Mar de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e o Instituto Cervantes.
O obxectivo do acordo é establecer a itinerancia da mostra por distintas sedes que o Instituto Cervantes posúe no exterior. Así, a partir de verán, a exposición terá como novo destino o Instituto Cervantes de Fez (Marrocos), onde permanecerá ata finais de ano. Xa no 2012 será trasladada a Sidney (Australia).
A mostra do “Proyecto Neuston” xurdiu en Vigo da man do Museo do Mar de Galicia, como resultado dun experimento multidisciplinar no que participaron quince científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e quince artistas.
En concreto, o proxecto explora a interfase ciencia-aire, orixinando un diálogo no contorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia, tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interfase agua-aire.
O resultado deste experimento recolleuse nesta exposición, no que ambas linguaxes aparecen comparadas en forma de dípticos.