Uns 1.500 delegados/as da CIG manifestaranse en Madrid coincidindo co debate da reforma das pensións

  1.  
    1. A central fretará arredor de 35 autobuses para a mobilización convocada de forma conxunta coa maioría sindical vasca

A Confederación Intersindical Galega ten previsto desprazar a Madrid o vindeiro martes día 5 arredor de 1.500 delegados e delegadas con motivo da mobilización convocada coa maioría sindical vasca para rexeitar as reformas do Goberno español, nomeadamente a das pensións e a negociación colectiva. A central nacionalista anima a todas as persoas interesadas a anotarse nos locais do sindicato e reservar deste xeito unha praza nos autobuses que se fretarán para participar nunha marcha partirá da Praza Juan Miró e rematará no Ministerio de Traballo.
A mobilización sairá a partir das 11.30 horas do Pazo de Congresos e Exposicións, na Praza Juan Miró, para a continuación percorrer o Paseo da Castellana cara a Nuevos Ministerios e rematar diante do Ministerio de Traballo. Antes, as centrais participantes (CIG, ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU, ademais de outras organizacións sindicais cataláns, canarias e aragonesas) ofrecerán unha rolda de prensa na capital do Estado. Tamén se fará entrega dun documento no Parlamento español coas alternativas que se propoñen.
Os detalles da protesta foron ofrecidos en rolda de prensa polo secretario de Organización da CIG de Vigo, Anxo Iglesias, e o secretario confederal de Comunicación e Propaganda, Xosé Miranda Vigo. Indicaron que polo momento xa están contratados arredor de 35 autobuses (case a metade sairán da comarca de Vigo) e animaron ás persoas interesadas en participar a anotarse nos locais da central. Os autobuses cara a Madrid arrincarán das distintas comarcas o luns ás 1.00 horas, polo que media hora antes haberá que estar nos locais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: