Feijóo: “Galicia quere e pode ter unha alternativa pero non pode perder o tempo nin o diñeiro”

20110403_Feijoo_Vigo

No acto de presentación dos 315 candidatos, o presidente do PPdeG dixo que desde a Xunta estáse amosando unha alternativa na que os cidadáns poden confiar e que sabe sacar o máximo rendemento aos recursos públicosDi que o presidente do Goberno central fíxolle un favor ao PSOE pero non ao seu país

  • Considera que un partido comprometido non pode desfacerse do seu presidente e deixalo de presidente do Goberno de España.

    A RETIRADA DE ZAPATERO

    Segundo Feijóo, os populares queren o mellor posible para os nosos concellos e país, en cambio o PSOE mantén para España o que non quere para si, que é Zapatero. Con respecto a isto, indicou que un partido comprometido non pode desfacerse do seu presidente e deixalo de presidente do Goberno de España. Nesta liña, asegurou que onte o PSOE desfíxose de Zapatero porque os socialistas cren que así xa non será un problema para o PSOE pero o peor é que segue a ser un problema para España. Para o líder do PPdeG, o Presidente do Goberno quixo facerlle un favor ao seu partido pero, por responsabilidade, debería estender ese favor a España. Por outra banda, apuntou que España non está agora para que haxa un Consello de Ministros convertido nun casting de sucesores e que o único que ten feito Zapatero onte é dicir que el non vai ser quen reciba o castigo que merece nas urnas. Polo tanto, se non convoca eleccións, o seu castigo nas urnas deberán recibilo outros: cada un dos candidatos do PSOE que aplaudiron día a día a súa xestión, cada un dos candidatos do PSOE cos que comparte siglas e cada un dos candidatos do PSOE que durante estes últimos catro anos trataron de imitar, desde os concellos, a súa forma de gobernar. Así mesmo, Feijóo indicou que tanto quixeron esconder a Zapatero que el acabou por borrarse do cartel pero non poderá borrar a súa mala xestión nin cada un dos deprezos que ten mostrado a esta terra nin vai poder borrar, aínda que non se presente, a derrota que democraticamente merece nas urnas. Por iso, se Zapatero decidiu escaparse das Xerais; será nas Municipais onde os cidadáns expresarán a súa opinión.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: