IOLANDA VELOSO ASEGURA QUE AS DECLARACIÓNS DE MARÍA J. BRAVO BOSCH “SON UNHA FALTA DE RESPECTO Á XENTE QUE ESTÁ NO PARO”

A candidata número 2 do BNG ás eleccións municipais lembra que “desde que o señor Feijóo goberna na Xunta temos milleiros de parados máis en Galiza” . A candidata número 2 do BNG  e actual concelleira de igualdade, mocidade e normalización lingüística, Iolanda Veloso, asegura que as declaracións da candidata número 3 do Partido Popular, María José Bravo Bosch no diario Faro de Vigo, nas que reclama “outra política en emprego” son “unha falta de respecto aos parados e paradas de Vigo”.
“Qué outra política de emprego nos ofrece o Partido Popular de Vigo? A mesma que está a facer o PP na Xunta? Ou a que está a facer o señor Louzán na Deputación de Pontevedra?”, preguntouse a candidata nacionalista. “Supoñemos que cando se fala de outra política de emprego, o que non se pretende é botarlle a culpa de todos os males ao goberno central, como fai o señor Feijóo?”, ironizou Veloso.
“Tamén sabemos cales foron as políticas de emprego da señora Corina Porro cando foi alcaldesa de Vigo: inexistentes, cun plano de emprego que foi papel mollado”, asegurou. “Entendemos que cando se fala de ‘outra política de emprego’, será porque hai algo que facer ou se ten algunha crítica ao actual goberno municipal, porque o que non se pode facer é criticar sen dar alternativas”, asegurou a concelleira do BNG. “Cando se fala de outra política de emprego, sería interesante preguntarse por que a Xunta de Galicia, que ten moitas máis competencias que os concellos en materia de emprego, non fixo nada até agora”, dixo, lembrando que “nos dous nefastos anos de goberno do Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia, pasamos de termos un crecemento do paro moi inferior á media estatal durante o goberno de coalición BNG-PSOE, a ser a comunidade autónoma na que máis medra o desemprego”. “Só no último ano, en Galiza incrementouse o desemprego nun 5,41%, por riba da media estatal, que está no 3,03% segundo datos do Ministerio de Traballo”, lembrou a candidata nacionalista.

Contra a demagoxia

“Este é un tema co que non se pode facer demagoxia”, asegurou Iolanda Veloso, quen lembrou que “o BNG centrará o seu programa electoral en políticas de promoción de emprego, especialmente para as mulleres e a mocidade, e en continuar coas políticas de benestar social que xa puxemos en marcha no concello de Vigo, mais o que nunca fará  o BNG son promesas que non se poden cumprir, como dicir que imos rematar co paro en Vigo”. “Comparto coa señora Bravo Bosch que Vigo precisa un cambio de rumbo. Un cambio de rumbo que virá da man dun BNG que lidere o próximo goberno municipal, e non dos que xa fracasaron na Xunta de Galicia para propor calquera alternativa”, afirmou Iolanda Veloso.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: