Noticias Ayuntamiento de Vigo. 05-04-11


O alcalde reuníuse co director da Escola de Enxeñeiros Industriais de Vigo, quen lle fixo entrega dun obsequio

O rexedor vigués, Abel Caballero, mantivo na mañá deste martes na Alcaldía unha entrevista co director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, Luis González Piñeiro, reunión na que o responsable universitario entregou ao alcalde un obsequio conmemorativo correspondente á súa participación nas tradicionais celebracións do patrono deste colectivo profesional, San Xosé, o día 19 de marzo.

 


Santi Domínguez destaca a importancia que terá para Vigo a previsión do aumento da organización de eventos no 2011

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes o estudo de mercado sobre turismo de eventos 2011 realizado polo Grupo Eventoplus, segundo o cal a previsión é que amente a organización de eventos pese a que disminúe o orzamento. O nacionalista destacou a importancia de coñecer o resultado do estudo «como un paso máis na aposta por potenciar o sector turístico», especialmente coa creación hai ano e medio do Vigo Convention Bureau.

 


María Méndez di que 24 asociacións ofrecen os cursos de Avellentamento Activo, exemplo da política transformadora

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este martes o curso de Risoterapia do programa de Avellentamento Activo que se está desenvolvendo no Centro Cívico do Casco Vello. A concelleira nacionalista amosou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter esta iniciativa, que considerou exemplo das políticas transformadoras postas en marcha polo BNG, xa que o programa de Avellentamento Activo desenvólvese actualmente en 24 asociacións veciñais de Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: