O BNG na Guarda demanda que se eliminen as barreiras arquitectónicas na rúa Baixo Muro

É responsabilidade do Concello garantir o acceso das persoas a servizos tan básicos como a asistencia sanitaria.
A Guarda, 6 abril 2011.- O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar un escrito no Concello da Guarda reclamando que se tomen as medidas oportunas para solucionar esta situación que están padecendo as veciñas e veciños.
Os veciños e veciñas da rúa Baixo Muro veñen manifestando o seu malestar pola falla de acceso axeitado para casos de mobilidade reducida.
Representantes do BNG visitaron a devandita rúa para coñecer de primeira man o problema destes veciños/as.
A existencia de escaleiras en todas as saídas da rúa imposibilita o acceso en cadeira de rodas e por suposto en calquera tipo de vehículo. Esta circunstancia impide as persoas residentes con problemas de mobilidade desprazárense por si mesmas fora da súa rúa.
A situación resulta se cabe máis dramática en caso de precisaren asistencia médica. Dado que a unha ambulancia lle resulta imposíbel acceder á rúa o único xeito de trasladar a un/unha doente é mediante unha cadeira de rodas. A dificultade e perigo de transportar a unha persoa en cadeira de rodas a través dunhas escaleiras resulta evidente.
“É preciso coidar do benestar de todas as veciñas e veciños e procurarmos que zonas como as do Baixo Muro se vexan despoboadas no futuro por mor da falla de servizos básicos.” comentou Xan Lois Lomba,portavoz municipal do BNG na Guarda.
Dende o BNG manifestan que resulta indispensábel e urxente tomar as medidas necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa Baixo Muro. É responsabilidade do Concello garantir o acceso das persoas a servizos tan básicos como a asistencia sanitaria.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: