AS DEFICIENCIAS DO PROXECTO SECTORIAL E A SÚA IRREGULAR TRAMITACIÓN POR PARTE DO BIPARTITO, SON A CAUSA DO RETRASO NO PARQUE EMPRESARIAL DE PONTEAREAS

  • A Consellería de Vivenda expuxo ao público o proxecto sectorial antes de obter o preceptivo informe de Urbanismo e a declaración de supramunicipalidade do Consello da Xunta
  • O informe da dirección xeral de Urbanismo do anterior goberno, emitido despois da exposición pública, foi negativo
  • E necesario redactar un novo proxecto sectorial e comezar de novo a tramitación
  • O parque empresarial de Ponteareas está xa incluído no Plan Sectorial de Areas Empresarias de Galicia que se atopa en elaboración  A deficiente tramitación realizada pola anterior Consellería de Vivenda e Solo do proxecto sectorial, así como as deficiencias que o mesmo presenta, son a única causa do retraso no desenvolvemento do parque empresarial do Val do Tea, no concello pontevedrés de Ponteareas, segundo explicou no Parlamento de Galicia o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Antonio Boné. A anterior Consellería de Vivenda e Solo tramitou o proxecto sectorial deste parque de maneira irregular e saltándose dous trámites preceptivos, como son o informe de Urbanismo e a declaración de supramunicipalidade do proxecto por parte do Consello da Xunta. Segundo explicou Boné, o procedemento normal para tramitar un proxecto sectorial coma este é o seguinte
    1º  redactar o proxecto

2º  solicitar o preceptivo informe de Urbanismo

3º  co informe favorable, obter a declaración de supramunicipalidade do Consello da Xunta

4º  someter o proxecto sectorial a información pública A Consellería de Vivenda pasou directamente do punto primeiro ao cuarto, facendo caso omiso do Consello da Xunta e do informe de Urbanismo. A resolución pola que se somete a información pública o proxecto sectorial foi asinada o 18 de febreiro de 2009 e publicada no Diario Oficial de Galicia o cinco de marzo de 2009. Trece días despois, o 18 de marzo de 2009, solicitaron o informe de Urbanismo, cando terían que solicitar e obter dito informe antes de someter o proxecto a información pública. Nunca solicitaron a declaración de supramunicipalidade, que tamén debería ser previa á exposición pública do proxecto, por unha razón fundamental: o 22 de abril de 2009 a dirección xeral de Urbanismo do goberno bipartito emitía un informe negativo sobre o proxecto sectorial redactado, informe no que se incidía en que o proxecto sectorial non xustificaba debidamente a supramunicipalidade do mesmo.

  • 18-02-2009 Sinatura da resolución para a exposición pública do proxecto
  • 5-03-2009 Publicación no DOG da resolución de exposición pública do proxecto sectorial.
  • 18-03-2009 Solicitude de informe da dirección xeral de Urbanismo
  • 22-03-2009 Informe negativo da dirección xeral de Urbanismo  As deficiencias no proxecto sectorial e na súa tramitación obrigarán a redactar un novo proxecto e tramitalo dende o comezo. Polo momento, o parque empresarial de Ponteareas está xa incluído no Plan Sectorial de Areas Empresarias de Galicia que se atopa en elaboración

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: