BENESTAR PON EN MARCHA ESTE ANO O CIRCUITO GALEGO DA CREATIVIDADE XUVENIL CONEXPOSICIÓNS, CONCERTOS E REPRESENTACIÓNS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe en Vigo nas ‘Xornadas Trabalingua: unha volta pola música e audiovisual galegos’
  • Esta iniciativa permitirá mostrar o talento galego non só nas salas de Galicia, senón tamén noutras comunidades como Castela e León e por Portugal    O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, apuntou que este mesmo ano ponse en marcha o Circuíto galego de creatividade xuvenil, asociado ao certame Xuventude Crea, xa que “estamos convencidos de que a mellor axuda que as administracións podemos prestar aos novos artistas é darlles a oportunidade para que expoñan e interpreten as súas propias creacións”. Así o sinalou Rodeiro no marco das ‘Xornadas Trabalingua: unha volta pola música e audiovisual galegos’ que tivo lugar hoxe na cidade olívica O circuíto da creatividade comporase de exposicións, concertos e representacións, “que levarán ao novo talento galego non só por salas de Galicia, senón tamén por comunidades veciñas como Castela e León e por Portugal”. O director xeral subliñou que un dos nove eixes prioritarios na Estratexia Xuventude 2013 é o destinado ao fomento da creatividade xuvenil, o que proba “o compromiso da Xunta cos novos valores da música, do audiovisual ou doutras expresións artísticas”. “Estamos convencidos do enorme talento que atesoura a mocidade galega e ese talento é o que levará aos mozos e mozas ao trunfo profesional”, aseverou o director xeral.

Xuventude Crea

Ovidio Rodeiro lembrou que a Consellería conta co programa Xuventude Crea, un certame de creatividade para novos talentos cuxas bases sairán publicadas no DOG este mesmo mes. Componse de 12 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos  e os premios en metálico para os tres primeiros clasificados son de 3.000, 1.500 e 1.000 euros, respectivamente. Ademais, para os finalistas das especialidades que supoñen un custo importante para a súa posta en escena, terán unha axuda económica. En concreto, teatro contará con 650 euros por grupo; moda, con 1.000 euros por deseñador e 3.000 euros en formación para os tres primeiros; música, con 600 euros por grupo e 300 por solista; e graffiti, con 350 euros por participante. Así mesmo, na súa intervención, Rodeiro tamén lembrou que a Dirección Xeral conta xa con 27 locais de ensaio, aos que se sumarán outros cinco este ano. Xunto cos de Curtis, Ferrol e A Pobra, xa inaugurados, este ano tamén se rematarán os locais de ensaio de Verín e Valga e abrirá as súas portas o complexo de Valadares, en Vigo, con 7 salas de ensaio, locais para a gravación de maquetas e un completo equipamento musical. Nesta última infraestrutura, a Dirección Xeral de Xuventude leva invertido nos últimos tres anos un millón de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: