Combustible do persoal rural de Correos

A indignación entre o persoal rural de Correos está a medrar despois das noticias aparecidas nos medios de comunicación  nas que os sindicatos asinantes do convenio de Correos e Acordo xeral manifestan “ter solucionado os  problemas deste colectivo”. Precisamente esta foi unha da das cuestións principais polas que a CIG non asinou estes documentos. Despois das mobilización efectuadas case continuamente dende 1995 reclamando o aumento da cantidade que Correos paga a estes traballadores por achega de vehículo, este convenio ofrécelles unha suba do 2,3%, a pesares de que dende o 2009 o combustible experimentou asubas  constantes que xa superan o 40% e que previsiblemente irán en aumento. En termos prácticos, e para comprender semellante tomadura de pelo, teñamos en conta que actualmente os carteiros rurais cobran 0,2251 €/Km, aplicándolle a suba do 2,3% dános un incremento de 0,0051 €/Km. Polo tanto, a un carteiro que teña 100 Kms de percorrido suporalle un aumento de 51 céntimos de euro por día. Moitos destes traballadores/as están barallando a posibilidade de parar os seus vehículos tan pronto como se lle esgote o diñeiro que Correos lle dá para o combustible.  Afirman, ademais, que dunhas nóminas tan curtas non se pode quitar xa mais diñeiro para pagar o custe real do combustible, ademais que moitos destes traballadores/as sufriron unha baixada dos seus salarios dende o mes de maio do ano pasado. Sería bo recordar que os/as carteiros rurais teñen que mercar o vehículo do seu propio peto, pagando o IVE coma calquera particular e o resto de impostos. Non teñen por tanto ningunha vantaxe fiscal nin comercial. Polo tanto a CIG apoiara todas as mobilizacións deste colectivo ante unha empresa e unhas organizacións sindicais que fan oídos xordos ás reivindicacións deste persoal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: