ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A DIVERSIFICACIÓN DAS EMPRESAS DO METAL CARA AO SECTOR AERONÁUTICO

  • A Xunta financia o 50% do proxecto de certificación a 9 empresas do Consorcio Aeronáutico Galego coa norma de calidade EN 9100, imprescindible para introducilas no sector como provedoras
  • O Goberno galego continuará  apoiando “as iniciativas que contribúan a abrir as portas das ramas de actividade económica máis avanzadas e esixentes”
  • A Consellería de Economía e Industria destina 2,5 millóns de euros ao programa de apoio aos clúster
  • O novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C), tamén contempla un eixo específico no que “as actividades relacionadas coa innovación tecnolóxica cobran unha especial relevancia”

 O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,  presidiu hoxe a entrega  de certificacións que capacitan a nove empresas do metal galego coa norma de calidade EN 9100, imprescindible para introducilas no sector aeronáutico como provedoras. Neste encontro coa Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia (Asime), o responsable autonómico deu conta do compromiso da Xunta de Galicia coas iniciativas orientadas á diversificación do mercado da industria metalúrxica galega. Javier Guerra sinalou que a Xunta financia o 50% do proxecto de certificación do Consorcio Aeronáutico Galego e destacou que ás compañías certificadas “lles será posible acceder a un selecto grupo de provedores, posibles colaboradores e clientes” deste sector. O titular de Economía e Industria engadiu que “o Goberno galego continuará  apoiando as iniciativas que contribúan a abrir as portas das ramas de actividade económica máis avanzadas e esixentes”, e adiantou que a Xunta “acaba de reeditar o acordo para establecer anticipos, de até o 80%, no programa de apoio aos clúster que  permite respaldar esta iniciativa”.
Na nova convocatoria, xa publicada no DOG, destínanse máis de 2,5 millóns de euros a estas axudas para o financiamento de servizos de consultoría, accións formativas e iniciativas de formación de novos clúster empresariais en Galicia.
Segundo o conselleiro, “o éxito desta iniciativa de colaboración con Asime, demóstranos a capacidade dos clúster para mellorar a competitividade das súas ramas de actividade, como os intermediarios eficaces, na tarefa de trasladar as dinámicas de implantación de procesos de I+D+i, na empresa”. Ademais, Guerra lembrou que o novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C), dotado cun orzamento de 192 millóns de euros neste exercicio, contempla un eixo específico de apoio sectorial no que “as actividades relacionadas coa innovación tecnolóxica cobran unha especial relevancia”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: