Archivo | abril 7, 2011

FEIJÓO SALIENTA QUE A FEIRA DE ARTE ESPACIO ATLÁNTICO É A UNIÓN DE 43 GALERÍAS E O DIÁLOGO ABERTO DE 300 ARTISTAS

  • Destaca que esta mostra de arte contemporánea, na que se dan cita arredor de 300 artistas, crece a pesar das dificultades e irrompe con forza no panorama cultural a pesar dos seus escasos anos de vida
  • Considera que Espacio Atlántico 2011 contribuirá a “manter viva a nosa identidade como pobo” e lembra que a gran contribución da cultura galega é o ideal de “integración e tolerancia”

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe na inauguración da feira de arte contemporánea Espacio Atlántico que ésta “é a unión de 43 galerías e o diálogo aberto de 300 artistas”. Unha feira, engadiu, “que crece a pesar das dificultades e irrompe con forza no panorama cultural a pesar dos seus escasos anos de vida”, destacou. Leer Más…

Concejalia de Medio Ambiente de Vigo

Ante as reiteradas informacións feitas públicas hoxe desde a Consellería de Medio Ambiente en relación ao verquido ao río Sameira a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, quere realizar as seguintes matizacións:
 “É falso que a Consellería de Medioambiente e Augas de Galicia actuaran seguindo o protocolo de emerxencia establecido para estes incidentes. Ademais dos efectivos da UMIR -Unidade Medioambiental de Intervención Rural do Concello de Vigo- as persoas que  estiveron no lugar e que tomaron as medidas axeitadas foron, tal e como figura no parte da Policía Medioambiental, a concelleira de Medioambiente, que se presentou as 17:00 horas, acompañada por dous técnicos do seu departamento. O persoal de campo de Augas de Galicia que acudiu se limitou a recoller mostras do verquido para o seu posterior análise, o que en pouco solucionaría un verquido en caso de ser perigoso. A concelleira de Medioambiente, os dous técnicos do departamento e o Oficial responsable da UMIR, determinaron as medidas a adoptar, que foron as seguintes:

1.- Colocación a unha distancia aproximada de 200 metros do punto do verquido de tres barreiras de contención provisionais con area e material illante plástico na canalización de augas pluviais pola que transcorre o verquido.

2.- Dar aviso á empresa Trainasa para que envíe un camión-bomba podendo recoller as augas sucias que se conteñan.

3.- Colocación por parte dos técnicos municipais de Medioambiente doutra barreira de contención a 500 metros augas abaixo na confluencia do verquido co río. Foi posteriormente, ás 19:30 horas, cando acudiu ao lugar o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias, que tras recoñecer que non tiña competencias no verquido asegurou tamén, e así consta no parte da UMIR, “que non dispón de medios para realizar barreiras de contención de verquidos”.
A Consellería de Medioambiente amosouse incapaz de dar solución a un problema que, afortunadamente, tiña baixo control o Concello de Vigo. Por iso parécenos unha desvergoña que agora sexa a Xunta de Galicia a que asegure manter no lugar un camión cisterna cando sabe que este camión bomba foi requirido polo Concello de Vigo”

Chus Lago

Concelleira de Medioambiente

Noticias Ayuntamiento de Vigo -07-04-11


O alcalde anuncia unha oferta de solo municipal para construir 500 vivendas protexidas a través de cooperativas de particulares

Abel Caballero remitiu á próxima semana para concretar as características da oferta, pero xa adiantou que os interesados poderán inscribirse a título individual, tras o que conformaranse as cooperativas que leven adiante as vivendas “libres de calquera tipo de especulación”. O socialista explicou que as parcelas están distribuídas “por todo Vigo” e permitirán edificar sobre 500 pisos, co que o Concello “responde á demanda de vivendas de promoción a prezos moi alcanzables”.

 


Caballero recibiu a unha decena de estudantes de Birmingham de intercambio en Vigo

O alcalde de Vigo recibiu este xoves a unha decena de estudantes de entre 14 e 16 anos de idade procedentes de Birmingham, no Reino Unido, que atópanse en Vigo por un programa de intercambio co Colexio Carmelitas de Vigo. Os alumnos poideron coñecer o Concello de Vigo, a sala de prensa, o Salón de Plenos e a sala de regulación de tráfico, entre outros departamentos.

 


Santi Domínguez salienta o éxito da Pinacoteca, con máis de 2.600 visitas, e anuncia un plan de visitas guiadas específicas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves o Plan Divulgativo da Pinacoteca do Museo da Cidade “Quiñones de León”, que comezará a vindeira semana con visitas guiadas específicas para colectivos con necesidades especiais, co obxectivo de que todas e todos “poidan gozar dos grandes tesouros da plástica galega”, así como cun programa de visitas para cruceiristas. Estas visitas completaranse coa “Ruta da historia”, que se desenvolverán os sábados ás 11 horas dende O Castro. O nacionalista destacou o éxito da Pinacoteca, que dende a súa apertura hai dúas semanas recibiu xa a visita de máis de 2.600 persoas para coñecer a exposición inaugural “O fermoso rostro do país”.

 


Tenencia e Benestar destinan 109.000 euros ao Secretariado Xitano para potenciar o traballo de integración de 50 familias

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves un novo convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano, que ten por obxectivo seguir afondando no traballo de integración social de 50 familias das etnias xitana e cigana. No 2010 o convenio permitiu atender a un total de 236 persoas, ás que se lles proporcionou información e orientación en materia laboral, de saúde e educativa a través de visitas domiciliarias, acompañamentos e entrevistas.

 

Producións Acontrabutaca presenta mañá venres no Auditorio Municipal a comedia “Frantasmas”

O Auditorio Municipal acollerá mañá, 8 de abril, unha nova proposta do programa “Con T de Teatro”, que organiza a Concellería de Cultura. Neste caso trátase da comedia “Frantasmas”, que a compañía Producións Acontrabutaca interpretará ás 21 horas. O prezo das entradas para asistir a esta función é de 7 euros e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 

Comeza o ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista “Mulleres con historia”

Hoxe xoves comenza o ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 horas Encarna Otero falará sobre “Olimpe de Gouges” (Montauban, Francia, 7 de mayo de 1748 – París, 3 de noviembre de 1793) escritora,dramaturga, e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791).

XORNADA SOBRE AS NOVAS AXUDAS PARA INVESTIMENTOS, INNOVACIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN

A nova convocatoria de préstamos directos do Igape para o financiamento de investimentos empresariais (Fondos BEI), a convocatoria de axudas á innovación no marco do programa Innoempresa 2011 e as axudas liñas de apoio á internacionalización das pemes galegas, aínda abertas á presentación de novas solicitudes, serán obxecto de explicación detallada durante a xornada técnica organizada polo Igape que se desenvolverá o próximo venres, 8 de abril, no Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela. www.igape.es

LA RECAUDACIÓN POR SANCIONES IMPUESTAS EN CARRETERA SE REDUCE UN 5% EN EL ÚLTIMO AÑO

En el marco de ejecución del Plan Anual de Inspección de Transporte por Carretera en 2010Desde ASETRANSPO recuerdan que la Administración en su actividad de inspección y control ha de actuar siempre con una finalidad correctora y nunca con ánimo de recaudar. No obstante, valoran positivamente la reducción de infracciones en general, así como el aumento en el número de expedientes resueltos El Plan Anual de Inspección de Transporte por Carretera en 2010 ha sido objeto de estudio en los últimos días por los responsables de los servicios de Inspección del Ministerio de Fomento y de las comunidades autónomas, quienes analizaron su grado de ejecución y efectividad. Desde la Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (ASETRANSPO) valoran positivamente la reducción de infracciones en general, así como el aumento de expedientes resueltos. Leer Más…

O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE TUI entra HOXE en vigor

  • A Administración galega outorgou a finais de marzo a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal
  • O Concello de Tui leva redactando o seu documento de planeamento dende decembro de 2000 e a Administración galega destinou axudas á redacción de planeamento por un importe de 141.600 euros  O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui entra hoxe en vigor, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe da orde de aprobación definitiva. Cómpre recordar que a Xunta de Galicia aprobou con carácter definitivo o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Tui o pasado 25 de marzo. Anteriormente, o pasado 26 de xaneiro, a Administración galega outorgou a aprobación definitiva, con carácter parcial, ao Plan xeral de ordenación municipal, por mor da detección de certas eivas documentais e deficiencias na clasificación e cualificación de solo. Entre os cambios sinalados, na orde de xaneiro deste ano, destacan os relacionados coa clasificación dos solos, polo que se tiñan que recoller os núcleos rurais de Herdeiros, Os Muíños (Pazos de Reis), O Souto (Randufe), Anta, O Carballo, Paredes (Reboráns) e Albelos (Guillarei) como solo rústico de especial protección e non como solo de núcleo rural. Asemade, no informe de principios de ano indicábase que tiñan que clasificar como solo rústico de protección de infraestruturas os terreos polos que discorre a rede de gas natural e as súas correspondentes zonas de afección. Unha vez resoltas estas eivas, a Xunta de Galicia concedeu a aprobación definitiva ao plan xeral de Tui en marzo deste ano. Leer Más…

Apresentação da Peça de Teatro "São Teotónio", em Ganfei – Valença

    O Grupo de Teatro Amador de Verdoejo apresenta “A Vida de São Teotónio”,  em 10 de Abril, domingo, às 21h30, na sede da  Junta de Freguesia de Ganfei. A apresentação conta com o apoio técnico da Companhia de Teatro “Comédias do Minho” e a colaboração da Câmara de Valença.    A peça “A Vida de São Teotónio” surge no âmbito do projecto comunitário de apoio ao teatro amador em Valença, dinamizado na Associação Cultural de Verdoejo com o apoio da Câmara Municipal. 19 actores dão vida a um espectáculo teatral que apresenta a vida de São Teotónio, o primeiro santo português, nascido em Valença.    O projecto comunitário de apoio ao teatro amador em Valença pretende “fomentar  a criação / dinamização de iniciativas amadoras no concelho, na arte teatral, valorizando os valores locais e a grande capacidade artística e criativa das nossas colectividade culturais”, segundo o Presidente da Câmara, Dr. Jorge Mendes. Leer Más…

BOS RESULTADOS DA CAMPAÑA “PONTEDEPRIMAVERA.COM”

Foron 4148 códigos rexistrados en toda a duración da campaña e 144 premios repartidos entre os establecementos participantes na mesma.  19 memorias USB 2 GB, 19 portadocumentos, 14 mochilas, 14 sets de maletas deportivas, 9 carros da compra, 14 bandoleiras, 9 maletas trolley, 14 sets de praia (sombrilla+toalla+bolsa de praia), 19 bolsas neveira e 13 reprodutores MP3.  Recordarlle aos premiados que poden pasar pola oficina de ábaco (rúa Ireira, 9 – baixo) a recoller o premio ata o vindeiro 3 de maio, entregando a tarxeta co código premiado.   Hoxe, xoves 7 de abril, comezamos a derradeira fin de semana da 4ª Ruta do Pincho A Guarda 2011, esperando obter moitos pasaportes completos dentro das urnas dos establecementos participantes. Foron máis de 13.000 pinchos os servidos nas 4 fins de semana que levamos ata agora, esperando pasar dos 15.000 con esta última. Nos vos esquecer de meter os pasaportes dentro das urnas e recordade que os ruteiros que teñan pasaporte completo teñen un premio seguro (Magnum “Marqués de Vizhoja”) o cal se poderá recoller na oficina de ábaco, unha vez se publiquen as listas de premiados.

MEDIO RURAL COLABORA NA INTEGRACIÓN SOCIAL DOS MEMBROS DA ASOCIACIÓN OURENSÁN DE AXUDA AO TOXICÓMANO

  • Os participantes pasaron a fin de semana traballando na eliminación de alóctonas, reforzos de valados dunares e pintado da caseta de pescadores no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia   A Consellería do Medio Rural gábase do traballo realizado por membros da Asociación Ourensán de Axuda ao Toxicómano (ATOX) no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia durante toda esta fin de semana. Estas tarefas, coordinadas pola gardería do Parque Nacional e supervisadas por membros da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, tiveron un gran éxito entre os integrantes de ATOX e os traballadores do Parque Nacional. Esta era a primeira vez que o departamento que dirixe Samuel Juárez traballaba con esta asociación, pero dende logo non será a última. Leer Más…

AUGAS DE GALICIA ACTUOU DENDE O PRIMEIRO MOMENTO NA XESTIÓN DO VERTIDO A UN AFLUENTE DO RÍO LAGARES, EN VIGO

  • O organismo autónomo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recibiu a alerta do 112 no mediodía de onte e, de maneira inmediata, trasladáronse ata o lugar persoal do Plan de Control de Vertidos.
  • O propio presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, estiveron no lugar xunto aos técnicos para comprobar os efectos sobre os cursos fluviais implicados.
  • O Goberno galego lamenta que o Concello de Vigo en vez de traballar conxuntamente coas administracións, o único que faga é xerar conflitos. O organismo autónomo Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, actuou dende o primeiro momento na xestión do vertido que onte se produciu a un afluente do río Lagares, en Vigo, concretamente ao Pepín, na zona do alto de Puxeiros. Leer Más…