concursos escolares museo 2011

A entrega de premios terá lugar perante a semana das Letras Galegas Os centros escolares da comunidade autónoma galega dispoñen de prazo ata o 30 de abril para participar nos concursos “Alfredo García Alén”, “López-Suárez Castillejo” e “Emilia Estévez Villaverde” que convoca o Museo Provincial de Pontevedra. Segundo recollen as bases, os traballos serán redactados preferentemente en  galego e ilustrados con fotografías, planos ou debuxos que poñan de resalte as facultades artísticas dos alumnos. A entrega de premios, como é habitual, efectuarase na Semana das Letras Galegas. Nos “Alfredo García Alén”, que foi secretario e director adxunto do Museo, poderán participar os alumnos de Ensinanza Primaria e de E.S.O. que durante o presente curso tiveran visitado as dependencias do Museo, integrados en equipos de entre 5 e 10 membros dirixidos por un profesor. Os traballos poderán versar sobre calquera dos temas vistos durante a visita, tratando, dentro do posible, de relacionalos co seu Municipio ou coa zona de influencia do centro escolar do que proceden. Nos “López Suárez –Castillejo”, en memoria do matrimonio formado por Juan López Suárez e Mariana Castillejo de Cáceres, ilustres benfeitores do Museo, abertos tamén ós mesmos alumnos, os traballos estarán orientados a estudiar  calquera dos aspectos físicos ou naturais (ríos, montes, fontes, plantas, árbores, animais domésticos ou salvajes…) presentes no municipio, na parroquia ou na área de influencia do centro escolar. Non obstante, tendo en conta que o 2011 foi declarado pola Asemblea Xeneral das Nacións Unidas como Año Internacional de los Bosques, se recomenda que el alumnado traballe sobre os montes (toponimia, orografía, propiedade, aproveitamento, etc.), con especial atención á problemática das masas forestais e a las soluciones a poñer en marcha para frear o seu deterioro.  Por lo que respecta ós “Emilia Estévez Villaverde”, que, dacuerdo cos desexos da insigne escritora ponteareán, teñen a finalidade de espertar nos escolares o interese polo cultivo da escritura, poderán participar os alumnos de Ensinanza Primaria de Galicia e das escolas da emigración de maneira individual. Poderán concorrer cun conto ou cunha composición poética, de tema libre ou preferentemente que teñan como protagonistas ás árbores e os montes, así como ós animais que os habitan, e as solucións propostas para frear o seu deterioro. A extensión non pode exceder de seis folios nas narracións e de dous nas  composicións poéticas, en ambos casos por unha sola cara. Finalmente, nos “Alfredo García Alén” e “López Suárez – Castillejo”, ademais da publicación do traballo premiado, establécese un premio para Ensinanza Primaria e outro para E.S.O., que se acreditará cun diploma, complementado cun un vale por importe de 450 euros para a adquisición de libros ou de material escolar para o centro. Nos “Emilia Estévez Villaverde” serán premiados un alumno por cada ciclo e modalidade, establecéndose ademais seis accésits, acreditados en ambos casos por un diploma individual, realizando posteriormente un viaxe de tipo cultural ás Casas- Museo de Valle-Inclán e Rosalía de Castro, en Vilanova de Arousa e Padrón respectivamente, recibindo tamén un vale por importe de 90 euros os que obteñan os primeiros premios e de 60 euros no caso de los accésits. Os interesados en obter máis información poden consultar a páxina web da Deputación www.depo.es ou na do Museo www.museo.depo.es

Gañadores da edición 2010 O pasado 2010 na modalidade de narrativa, no primero ciclo, obtivo o 1º premio Lucía Rodríguez Casal, do C.E.P. de Riomaior (Vilaboa), co conto “La gatita y sus amigos”, e o accésit Ana Casal Calvar, do mesmo colexio, con “A princesa encerrada”; no segundo ciclo, o premio foi para Laura Varela Graña, do C.E.I.P. Carballal – Viñas Blancas, de Marín, con “O desatino de Nico”, e o  accésit para Marcos González Nanín, do C.E.I.P. Álvarez Limeses, de Pontevedra, con “Camiño entre amigos”, e no terceiro ciclo o primeiro premio para Cristina Fernández Silvosa, do C.E.I.P. Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo), con “Amigos no Camiño”, e o accésit para Lucía Fernández García, del C.E.P. de Riomaior. Na modalidade de poesía, no primeiro ciclo obtivo o 1º premio Desiré González Eidón, do C.E.P. de Riomaior, cun poema sen título, e o accésit para Alejandro García González, do mesmo colexio, por “Bo Camiño”; no segundo ciclo, obtivo o 1º premio Kaoutar Khalafi, do C.E.P. Marcos da Portela, de Monteporreiro, con “Camiños”, e o accésit Iván González Fraga, do C.E.I.P. Carballal, con “O noso patio”, e no terceiro ciclo o premio foi para Lucía Fernández García, do colexio Riomaior, con “Un libro é un amigo”, e o  accésit recaeu en Carla Martínez Martínez, do colexio Marcos da Portela, con “Os farois

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: