Mar Cuervo gaÑa O III Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar

O obxectivo do certame, organizado polo Museo do Mar de Galicia e o Centro de Estudos Fotográficos, é ofrecer aos novos autores a posibilidade de elaborar un proxecto propio relacionado co mar galego
A xove fotógrafa recibirá unha bolsa de 3.000 euros
Mar Cuervo é a nova gañadora do III Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar, organizado polo Museo do Mar de Galicia e o Centro de Estudos Fotográficos.
Como resultado das deliberacións levadas a cabo pola Comisión Organizadora do concurso, formada polos directores do Centro de Estudos Fotográficos, Manuel Sendón e Xose Luis Suárez Canal; o gañador da pasada edición, Xosé Anxo Fontela Chas; e polo director do Museo do Mar, Pablo Carrera, acordouse por unanimidade conceder o premio a Cuervo polo seu proxecto titulado «Sirenas», un traballo artístico pero cun marcado carácter antropolóxico, no que a artista salienta o papel clave da muller na actividade mariñeira.
A intención de Cuervo é render unha homenaxe tanto as mulleres que traballan directamente no mar (mariscadoras, redeiras…), como as que serven de piar moral para os homes que deselvolven esta actividade, dándolles visibilidade a través de distintos retratos de corte renacentista. Estes se exporán en forma de díptico acompañados dunha escena mariñeira.
Con este traballo, Cuervo pretende desmitificar e desligar a imaxe da muller vinculada mitoloxicamente á dunha serea que leva a naufragar os mariñeiros, salientando a función que realiza entre o mar e a terra, de ahí o nome da obra.
O obxectivo deste concurso é ofrecer aos novos autores a posibilidade de elaborar un proxecto propio relacionado co mar galego. O gañador recibirá como premio unha bolsa cunha dotación de 3.000 euros para a realización dun traballo fotográfico,  e a Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do desenvolvemento da obra, que será exposta no Museo do Mar de Galicia a finais deste ano.
Fotos: adxúntanse un exemplo da obra previa de Cuervo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: