MATO DESTACA A IMPORTANCIA DO LABOR QUE DESENVOLVE A XUNTA PARA ACADAR A IGUALDADE DE CONDICIÓNS PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  •  
  • A conselleira de Traballo participou hoxe na presentación do convenio entre COGAMI e Vodafone para dar continuidade ao Programa para a inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia
  • En 2010 o Programa permeteu a participación de 130 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral, con un total de 70 insercións

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, incidiu hoxe en que no caso das persoas con discapacidade, o benestar non se pode perseguir únicamente desde a óptica da atención as necesidades básicas, senón que poidan desenvolver os seus proxectos vitais en igualdade de condicións. Beatriz Mato asegurou, durante a presentación do convenio entre a Consellería, COGAMI e Vodafone, para dar continuidade ao Programa para a inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia, que isto esixe traballar en múltiples áreas e, en canto ao emprego, atender á formación e cualificación para que  aumenten as súas posibilidades de inserción. A conselleira expuxo que o emprego é un pilar fundamental para a construción dunha sociedade integradora e inclusiva e, de feito, ao seu xuízo, é a primeira das políticas sociais, e valorou que cando falamos de persoas con discapacidade, si multiplícanse as vantaxes que supoñen a inserción laboral. A titular de Benestar lembrou que a Consellería conta co Plan de Actuación Social 2010-2013 deseñado en colaboración coas entidades sociais de Galicia, entre eles COGAMI. Dentro del atópase o Plan Integral de Acción para as Persoas con Discapacidade de Galicia dotado con 700 millóns de euros, o primeiro proxecto deste tipo na nosa historia, segundo apuntou a conselleira. De feito, a Consellería aspira a integrar a 4.900 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión nesta lexislatura. Ademais, en 2010 COGAMI recibiu axudas da Consellería de Traballo e Benestar por un total de 7,4 millóns de euros. Delas, 4,6 millóns foron para accións en materia de emprego: 2,7 millóns foron para o mantemento  de centros especiais de emprego e 1,8 para accións formativas. O programa Vodafone, que este ano se prorroga, permitiu en 2010 a participación de 130 persoas con discapacidade o incapacidade laboral, cun total de 70 insercións (53,8%). “Creo que esta estatística é un exemplo de cómo poden funcionar as cousas cando se traballa con seriedade e hai unha colaboración axeitada entre as empresas e entidades como COGAMI”, concluíu a conselleira.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: