Noticias Ayuntamiento de vigo 08-04-11


Abel Caballero adianta que a sinatura do convenio para a xestión do albergue é «inminente«

O alcalde asegurou que «creo que a semana que vén vaise asinar o convenio» para xestionar o albergue para persoas sen teito de Vigo, que estará ubicado na Praza do Berbés. Indicou Caballero que o proceso está no «trámite administrativo do Concello» e na «liberación dos fondos» para rubricalo, e enviou unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía porque «vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas en teito» que será xestionado por «profesionais» do sector.

 


O alcalde avoga por «cooperar e colaborar» coa automoción viguesa nos seus proxectos de I+D+i

Abel Caballero visitou este venres as instalacións da empresa de compoñentes da automoción MGI Coutier España, ubicada no Polígono do Caramuxo onde traballan máis de 350 persoas. Esta compañía é provedora de pezas metálicas e plásticas para marcas como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras. O primeiro edil ofreceuse a intermediar co Ministerio de Industria nos proxectos da automoción viguesa de I+D+i.

 


María Méndez traslada ao alumnado de Salesianos a importancia de «dicir non» no inicio da xornada «Eu son eu»

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este venres a xornada de prevención das drogodependencias «Eu son eu», dirixido a nenos e nenas de 12 anos. No transcurso do acto, a edil nacionalista transmitiu aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio Salesianos a importancia de promover hábitos saudabeis e «saber dicir non» ante as diversas situacións que cada un e cada unha debe afrontar na nenez e na adolescencia.

 


O alcalde presentou co Ministerio de Cultura a nova mostra de Michael Lin no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Abel Caballero e Begoña Torres, vogal do Ministerio, participaron este venres na rolda de prensa de presentación de «Hotel MARCO», a nova mostra de Michael Lin xunto con rvr Arquitectos, que ábrese hoxe no MARCO de Vigo. O Espazo Anexo do centro reinvéntase e vive a súa maior transformación dende a súa apertura no ano 2004 como sala de proxectos, dando inicio a un novo período con esta proposta, que consiste en transformar o lugar nun cuarto de hotel con distintos usos.

 


Caballero presenciou unha sesión de formación para adultos en educación viaria que imparte a Policía Local

O alcalde de Vigo acudiu este venres ao CEIP Ramón y Cajal para asistir aos cursos de formación para adultos da Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade, reducir a siniestralidade e a gravidade das lesións, potenciar hábitos de saúde responsables e que a educación viaria dos adultos sirva de exemplo para os máis pequenos. A formación versa sobre o alcol e as súas consecuencias na conducción, a sinalización e qué facer en caso de accidente.

 


Iolanda Veloso anuncia que a primeira Escola Feminista celebrarase do 11 ao 14 de abril na Casa das Mulleres

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este venres a primeira edición da Escola Feminista «Centros e periferias», que terá lugar na Casa das Mulleres do 11 ao 14 de abril, de 19 a 21 horas, organizada pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. A concelleira nacionalista destacou que o obxectivo desta iniciativa é proporcionar un espazo de coñecemento e debate no que as persoas que se moven no mundo da cooperación poidan ampliar as bases do seu traballo dende unha óptica feminista plural.

 

A segunda edición do percorrido «Vigo: a ruta da historia» celebrarase mañá sábado dende o poboado castrexo do Castro

O éxito acadado pola proposta «Vigo: a ruta da historia», que congregou a máis de 200 persoas o pasado domingo para coñecer lugares emblemáticos da cidade, propiciou a convocatoria de novos percorridos para os vindeiros meses. Segundo anunciou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, a primeira destas visitas guiadas terá lugar mañá, 9 de abril, e sairá dende o poboado do Castro ás 11 horas.

 

O Auditorio Municipal propón un concerto conmemorativo de Noitarega e un espectáculo de maxia para este fin de semana

A programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas actuacións ben diferentes. Mañá, 9 de abril, celebrarase ás 21 horas un concerto de Noitarega, no que presentarán o repertorio do seu novo traballo «XXI». O domingo, ás 18 horas, terá lugar un espectáculo de maxia para todos os públicos a cargo do Mago Rafa. Para asistir ao concerto, o prezo das entradas é de 5 euros, mentres que para a función de maxia custan 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros para os maiores; nos dous casos pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 

Aprobación inicial e.d. parcela para edificio escola infantil e vivendas en campus universitario

Roteiro polo Vigo mariñeiro

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Aprobación inicial e.d. parcela para edificio escola infantil e vivendas en campus universitario

Roteiro polo Vigo mariñeiro

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

Diversos peches de rúas ao tráfico

Convocatoria bono-taxi para persoas con discapacidade

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: