O PROGRAMA ROTEIROS POLA COSTA, ORGANIZADO POLO MUSEO DO MAR, VISITARÁ ESTE DOMINGO A XUNQUEIRA DO LAGARES

A cita permitirá coñecer aos participantes a evolución histórica e medioambiental que sufriu a salina do Lagares
O programa Roteiros pola costa, organizado polo Museo do Mar de Galicia, visitará este vindeiro domingo ás 11:00 da mañán a Xunqueira do Lagares. Un humedal de gran importancia histórica e medioambiental, no que cabe salientar a presenza dunha gran poboación de especies animais e vexetais, onde a súa avifauna cobra unha especial relevancia.
Esta viaxe permitirá achegar aos participantes a evolución histórica que sufriu a salina do Lagares, que pasou de ser unha pequena explotación no século XII, a contar cunha superficie de 16.000 metros cadrados a finais do século XIX. Durante a visita, os asistentes coñecerán en primeira persoa como era o proceso de extracción do sal e como foi evolucionando dende a chegada dos romanos.
O programa Roteiros pola costa é un proxecto creado polo Museo do Mar de Galicia para a sensibilización da cidadanía co contorno no que habita. As actividades son dinamizadas por historiadores, arqueólogos e biólogos que traballan no equipo do museo.
 
UNHA MAÑÁN DE DOMINGO AO MES
Os roteiros pola costa terán lugar durante todo o ano, unha mañán de domingo ao mes. As diferentes rotas darán a coñecer a historia da ocupación da costa e os cambios sufridos pola mesma, as claves para recoñecer as partes que compoñen o medio costeiro mais próximo e a flora e a fauna que rodea ao medio mariño que se está explorando.
Despois da cita deste 10 de abril, continuarán o domingo 8 de maio  co roroteiro “O medio litoral”.
Os interesados en participar poden incribirse na páxina web do Museo do Mar ou chamando ao número de teléfono de información do museo 986 247 691.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: