PALLASAS EN REBELDÍA Medran os narices vermellos fronte o estado militar do terror israelí

Durante esta II Caravana de Pallasos en Rebeldía en Palestina estase dando continuidade aos obradoiros de risoterapia enfocados a traballadores sociais e psicólogos, ademais de facer varias sesións vivenciais na Universidade Ao-Najah de Nablus, que están resultando “un éxito”. Asimesmo proseguen os obradoiros de clown, fundamentalmente para os alumnos da escola de circo palestina en Ramala, ademais de contiunar coas xestións necesarias para que o Festiclown Palestina sexa unha realidade o próximo mes de setembro. Esta vez foi un exército de pallasas rebeldes as que atravesaron os muros deste novo apartheid, e en setembro “seremos much@s más llegad@s de todas partes do mundo, l@s que viremos loitar coas nosas armas de diversión masiva” xunto o pueblo palestino, afirman. Condena del asasinato de Mer-KhanisPallas@s en Rebeldía condena profundamente o recente asasinato do activista e director de teatro Juliano Mer-Khanis e desexan “que a arte e a cultura, aínda manchadas de sangue, continúen berrando liberdade!”. “Clinic clown” (extracto dunha crónica das pallasas en rebeldía)Venres pola mañá en Qalandia, un dos checkpoints entre Ramala e Jerusalem. Os coches amontóanse, mentres un mozo vai distribuíndo té e café entre @s condutor@s. Mentres, os “parlantes” israelís berran en hebreo: “pare, avance, abra a porta, apague as luces, pare…!!”Sobe unha mociña israelí de pouco máis de 19 anos con piercings e mechas no pelo, cos seus “vistruajes” militares, a súa inseparable arma automática e a man preparada no gatillo. Parecería un logrado disfrace de militar se non fose realidade. Imos a Jerusalem a traballar nun hospital, a facer “clinic clown” como lle chaman aquí. Unha vez dentro, movémonos de habitación en habitación acompañando a l@s niñs e ás súas familias o tempo que necesitan. Nalgunhas habitacións aparecen coellos debaixo das sabas, noutras, as luces das máquinas de diáleses convértense en estrelas fugaces de cor vermella. Neste hospital traen moitos nen@s de Gaza, onde os hospitais carecen do material máis básico. Con todo, só dan un “permiso especial” para saír de Gaza aos que están máis graves ou practicamente terminais. A perversión israelí non acaba aí, pois se a nena ten máis de 12 anos viaxará soa, e só se é algo máis pequena cabe a posibilidade de que a acompañe algún familiar”…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: