OS SOCIALISTAS INICIAN EN BEADE AS ACCIÓNS DA Campaña.

«Os preto de 1,6 millóns de euros que se investiron na parroquia de Beade permitiron levar a cabo obras demandadas dende había anos polos cidadáns e fixeron posible a súa transformación»subliñou Caballero. As obras de mantemento dos viais parroquia, instalar pasos recrecidos e bandas rugosas para mellorar a seguridade vial, acondicionar o parque infantil da Alameda dos Vellos e ampliar a dotación de mobiliario urbano coa instalación de bancos e marquesinas foron algunhas das actuacións mencionadas por Abel Caballero.Tamén recordou as melloras nas infraestruturas socias da parroquia, incidindo nas realizadas na Escola de Bandas de Música de Beade, no CEIP Coutada, no equipamento deportivo e no local da asociación de veciños. Durante o seu encontro en Beade, os socialistas quixeron agradecer aos veciños a súa colaboración e apoio para mellorar a cidade e comprometéronse a seguir coa liña iniciada hai catro anos e continuar investindo nos barrios e parroquias para lograr un desenvolvemento igualitario de toda a cidade. Ademais invitaron a todos os veciños a expoñer as súas propostas de mellora para a parroquia co obxectivo de incorporalas ao programa electoral co que os socialistas concorreran as próximas eleccións municipais. «Para nós Vigo e os vigueses son o primeiro, queremos escoitar as súas propostas de mellora e contar con eles para desenvolver o Vigo do futuro» afirmou Caballero.