Novacaixagalicia colabora con Unicef no envío de 150.000 vacinas contra a polio

  A entidade adquirirá 75 doses antivirais por cada seguro de saúde comercializado
    A axuda da caixa permitirá vacinar 50.000 nenos en países en vías de desenvolvemento Novacaixagalicia vai colaborar coa iniciativa ‘Regalo azul’ de Unicef adquirindo 150.000 doses de vacina contra a poliomielite, que contribuirán á erradicación do virus nos países en vías de desenvolvemento onde esta enfermidade aínda ten carácter endémico. Con este ingreso, a caixa de aforros galega permitirá a inmunización de 50.000 nenos.

nicef puxo en marcha en 1988 unha iniciativa mundial de erradicación da poliomielite, co obxectivo de axudar os gobernos a desenvolver os seus programas para vacinar os nenos menores de cinco anos fronte ao virus. En máis de dúas décadas de acción, a ONG logrou inmunizar uns cinco millóns de nenos en todo o mundo.

Desconto do 15% Ademais de colaborar na acción solidaria de Unicef, coa súa campaña Coida de ti, coida de 25 nenos, Novacaixagalicia concede aos clientes que contraten un seguro de saúde coa caixa de aforros un desconto do 15% na prima de 2011, un 10% en 2012 e un 5% en 2013. O seguro de saúde ofrece un amplo cadro médico, prestixiosos hospitais e especialistas e un gran número de coberturas, como liña médica 24 horas (incluída orientación pediátrica), segunda opinión médica, reprodución asistida, condicións especiais na cirurxía refractiva ou na recollida e preservación de sangue do cordón umbilical, liña de axuda psicolóxica, planificación familiar, plan dental infantil ou sesións de podoloxía ilimitadas, entre outras.

Acerca de Unicef

Unicef traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantizarlles aos nenos e nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primera infancia ata a adolescencia. Unicef, que é o maior proveedor de vacinas para os países en vías de desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a proteción dos máis pequenos contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA. Está financiada na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: