Archive | abril 12, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 12-03-11

O alcalde avogou por “apoiar e potenciar” á industria auxiliar de Vigo “para que sigan a desenvolver a súa creación de emprego”

Abel Caballero visitou este martes a empresa Herlayca, “empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas”, onde defendeu respaldar á industria de compoñentes do naval e da automoción que opera en Vigo e está a solventar “francamente ben” a crise económica. As compañías que ven visitando o alcalde nas últimas semanas forman parte destas e suman 6.000 empregos na cidade.

 


Caballero revela o acordo do goberno da UNED que certifica a creación en Vigo do Centro internacional de Ensinanzas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública este martes a resolución do consello de goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia pola que aproba e certifica a creación en Vigo do Centro de Internacionalización de Ensinanzas, que ocupará 3.000 metros cadrados do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, segundo revelou o alcalde vigués. O de Vigo será un centro pioneiro e en exclusiva en España.

 


Santi Domínguez confirma a adquisición da Casa do Patín de Bouzas e anuncia que será biblioteca de proximidade

O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, confirmou este martes a adquisición por parte do Concello da “emblemática” Casa do Patín de Bouzas, pechando así un proceso que se iniciou hai vinte anos. O nacionalista anunciou que “unha vez rehabilitada” destinarase á biblioteca e incorporarase á Rede de Bibliotecas Municipais de Proximidade, xunto á recentemente inaugurada en Martínez Garrido e a que se vai habilitar en Navia. O nacionalista adiantou que o obxectivo é que a execución da rehabilitación estea rematada a finais do vindeiro ano.

 


O goberno local destina 250.000 euros aos colexios para melloras dos centros públicos de infantil e primaria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da aprobación en Xunta de Goberno Local dun orzamento de case 250.000 euros para os colexios de infantil e primaria, que xestionarán directamente os directores dos centros para efectuar melloras nos mesmos. Ademais, o goberno local deu luz verde á incorporación de seis vehículos ao parque da Policía Local de Vigo.

 


O Concello renderá unha homenaxe aos irmáns Veiga pola súa contribución á difusión do Medioambiente

O Centro Social de Novacaixagalicia acollerá mañá 13 de abril, ás 19:30 horas, un acto no que a Concellería de Medioambiente distinguirá o traballo dos espeleólogos vigueses, Constancio e Antonio Veiga, polo seu traballo a prol de divulgación no eido medioambiental. Chus Lago incidiu neste martes en que estas dúas persoas son as “grandes inspiradoras” do programa “Vigo, Camiño a Camiño”.

 


Xesus López anuncia a estrea do novo disco de Roi Casal “Maxicamente vello” mañá mércores no Auditorio Municipal

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes o concerto que Roi Casal ofrecerá mañá, 13 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal. Xesus López destacou que o músico, ex compoñente de Berrogüeto, presentará o seu novo traballo discográfico “Maxicamente Vello”. Para asistir ao concerto, o prezo das entradas é de 10 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación e na web http://www.laboleteria.es.

Mar de Ons – Servicio semana santa

 

La naviera ofrecerá este servicio desde los puertos de Vigo, Cangas y Baiona  

 

Los billetes pueden adquirirse a través de internet o en las taquillas de la naviera .- Como viene siendo habitual en los últimos años, la naviera Mar de Ons ofrecerá servicio a las Islas Cíes durante Semana Santa desde los puertos de Vigo, Cangas y Baiona.  En el Puerto de Vigo el servicio se prestará del sábado 16 de abril al domingo 24 de abril, en el caso de Cangas y Baiona, los viajes a Cíes se realizarán desde el jueves 21 hasta el domingo 24.  Como todos los años, en este período los usuarios podrán disfrutar de la promoción especial para familias que ofrece la compañía. Con esta promoción, el precio del billete será de 16 euros para adultos y gratuito para niños menores de 12 años. Los billetes podrán adquirirse en las taquillas de la naviera o través de internet en la página de la compañía (www.mardeons.es ). 

Manuel Barreiro mostra en Novacaixagalicia a exposición fotográfica ‘Decouvrir Paris’

 

 

 

 

A sala de exposicións II do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo –con entrada pola rúa Velázquez Moreno, 18- acolle este mércores, 13 de abril, ás 20.00 horas, a inauguración da exposición fotográfica de Manuel Martínez Barreiro ‘Decouvrir Paris’. 
 O autor traballou, estudou e viviu en París durante varios anos, cidade á que regresa en calquera alto do camiño. Esta é a segunda mostra que organiza co tema de París como argumento central.

O teatro galego volve á programación cultural de Novacaixagalicia con ‘Rosa de dous aromas’

ESTE VENRES 16 DE ABRIL EN VIGO

As actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida protagonizan a montaxe
      Lino Braxe dirixe a produción, baseada nun texto do escritor mexicano Emilio Carballido 
  A compañía galega Teatro Proscrito subirá ás táboas do Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo este venres 16 de abril, ás 20.30 horas, para presentar a súa produción ‘Rosa de dous aromas’. Isabel Blanco e Sabela Hermida, baixo a dirección de Lino Braxe, protagonizan esta peza que conta a historia de dúas mulleres que se coñecen no cárcere e que está baseada nunha obra do escritor mexicano Emilio Carballido.

MAR MOSTRA AOS COCIÑEIROS DOS COMEDORES ESCOLARES AS ACHEGAS NUTRITIVAS DOS PRODUTOS DO MAR NO SALÓN GOURMETS DE MADRID

  • O  show cooking realizado neste certame é outra acción enmarcada na campaña ‘O sabor da aventura está no mar’
  • A través desta acción a Xunta dá a coñecer os obxectivos deste programa, impulsado pola Consellería do Mar, en colaboración coas Consellerías de Educación e Sanidade

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, realizou un percorrido polas instalacións do Salón de Gourmets de Madrid e amosou o seu apoio ás 24 empresas galegas presentes neste evento. Ademais, a conselleira presidiu a degustación de receitas de produtos do mar dirixida a directores de centros educativos, empresas de comedor e responsables de catering de colexios e destinada a difundir a campaña O sabor da aventura está no mar.Durante o show cooking realizado o personal dos centros escolares de Madrid puido comprobar a elaboración dalgunhas das receitas que a Xunta serve nos comedores dos centros públicos galegos nos que se desenvolve Leer Más…

El PP denuncia que el alcalde sigue sin poner solución a la bajada de tráficos en Peinador, a pesar de que los malos datos se suceden mes tras mes

El aeropuerto de Vigo ya está a la cola del noroeste peninsularLos malos datos reflejan la nula gestión del regidor durante estos cuatro años
·        La Xunta seguirá ayudando al aeropuerto vigués a pesar de todos los boicots de Abel Caballero
·        El alcalde termina su mandato con los peores datos en Peinador y con el mayor número de parados en la ciudad     Los malos datos reflejan la nula gestión del regidor durante estos cuatro años
·

Ayuntamiento de Porriño

EL PLAN BOLONIA Y EL ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS SERÁN LOS EJES DE DOS CONFERENCIAS

a celebrar en porriño.-Mañana miércoles y el jueves, a partir de las 20.00 y 20.30 horas, respectivamente  El viernes la compañía de teatro Valle-Innova pondrá en escena la obra “Vaya, vaya con Valle-

EL MUNICIPIO DE PORRIÑO SE BENEFICIA DE UNA CESIÓN GRATUITA DE TERRENO EN LAS PROXIMIDADES DE LA CALLE NAVUXIL, EN A MALLADOURA

Con la cesión de esta parcela al Concello por parte de la familia Rodríguez Romero, el Gobierno local acometerá obras de ampliación de caminos, asfaltado y construcción de aceras, además de la reordenación del tráfico, “siempre en beneficio de todos los vecinos del municipio, garantizando la seguridad tanto de conductores como de viandantes”, asegura el alcalde Nelson Santos web www.concellodoporrino.net

ECONOMÍA E INDUSTRIA XERO

  • Joaquín Varela encabezou a delegación da Xunta de Galicia que visitou, en Inglaterra, as instalacións de Xero Technology LTD para coñecer polo miúdo o grupo promotor do investimento que se implantará en Ourense
  • A Xunta de Galicia xa comprometeu apoios públicos por case 11 millóns de euros para financiar a planta de fabricación do coche eléctrico Xero no que a compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015   O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Joaquín Varela, encabezou a delegación da Xunta de Galicia desprazada a Inglaterra, en compañía do xerente do Inorde, para coñecer as instalacións en Devon de Xero Technology, o grupo que impulsa o proxecto industrial para fabricar en Ourense o coche eléctrico Xero, e as doutras compañías de deseño, enxeñería e homologación de vehículos relacionadas con este mesmo  proxecto. Durante estes dous días a delegación galega, sempre acompañada polos directivos de Xero Oliver Mitchel, David Pollard e Julio Mayorga, tivo a oportunidade de coñecer a fondo distintos aspectos relacionados co deseño, a produción, a homologación e a distribución dos vehículos eléctricos que Xero prevé fabricar en Ourense, mediante uns investimentos cifrados en 26 millóns de euros para crear, en 2015, máis dun milleiro de novos postos de traballo. Segundo anunciou a finais do pasado mes de marzo en Ourense o conselleiro de Economía e Industria Javier Guerra, a Xunta mantén un “firme compromiso de apoiar o proxecto de investimento promovido pola compañía británica Xero Technology” para impulsar a fabricación en Ourense dun coche eléctrico denominado Xero. Segundo manifestou daquela o conselleiro, as axudas públicas poderán achegarse aos 11 millóns de euros, “grazas aos apoios de especial intensidade habilitados no marco do plan Impulsa Ourense” Leer Más…

EXPLODE, EL NUEVO DISCO DE THE GIFT, A LA VENTA A PARTIR DEL MARTES 12 DE ABRIL

El martes día 12 de abril sale a la venta en España “Explode”, el nuevo disco de The Gift (La Folie – Esmerarte), y lo hace en tres formatos:
– Jewel Case
– Digibook: disco + libro con imágenes promocionales y letras+ DVD con making of y photo gallery
– Edición Premium: Digibook + entrada para el concierto Heineken Music Selector en el Teatro Circo Price el próximo 7 de mayo (sólo disponible en FNAC Callao y www.fnac.es)

www.esmerarte.com
www.thegift.pt
www.facebook.com/The.Gift.Official

TELEFÓNICA ESPAÑA Y LA ASOCIACIÓN COMUNIDAD DE REDES DE TELECENTROS FIRMAN UN CONVENIO PARA DIFUNDIR EL PROYECTO CIBERESCUELAS

Ofrecerán a la Xunta la posibilidad de impartir el curso con subtítulos en gallego a través de la red de telecentros de  Galicia
   El Proyecto Ciberescuela de Telefónica divulgará el uso de las nuevas tecnologías entre los colectivos con riesgo de exclusión mediante cursos básicos de internet.
·       En el proyecto colaborarán las CC.AA. interesadas y los cursos estarán subtitulados en todas las lenguas oficiales del territorio nacional.
·       El curso se impartirá en los soportes  Windows, Linux y Mac
·       La Asociación integra una red de 8.000 telecentros repartidos por toda la geografía nacional 
 Telefónica España y la Asociación Comunidad de Redes de Telecentros han firmado hoy un convenio para difundir  Ciberescuela, un proyecto que divulgará el uso de las nuevas tecnologías entre los colectivos con riesgos de exclusión digital – amas de casa, personas de edad avanzada, inmigrantes, etc-, mediante la impartición de cursos básicos de Internet en los Telecentros. Leer Más…