MATO DESTACA QUE A MODIFICACIÓN DO CENTRO SANTIAGO APÓSTOL PERMITIRÁ AMPLIAR A IDADE DE ATENCIÓN MÁIS ALÓ DOS 24 ANOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, respondeu hoxe a unha pregunta parlamentaria sobre a situación deste centro
  • A Xunta creará o “Centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña” CAPD, que terá 80 prazas residenciais e 40 de centro de dia, e manterá o colexio de educación especial María Mariño
  • Indicou que esta reorganización será efectiva a partir do próximo mes de setembro
  • Isto suporá que o Goberno galego porá á disposición do colectivo con discapacidade un total de tres servizos aglutinados neste centro
  • Esta reorganización ofrecerá  atención diversa e especializada co obxectivo de cubrir todas as necesidades dos usuarios
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe no Parlamento que a solución proposta pola Xunta para o Centro asistencial e de educación especial “Santiago Apóstol” permitirá a ampliar a idade de atención máis aló dos 24 anos- idade máxima permitida ata o momento-, unha modificación que beneficiará aos usuarios e ás súas familias. Así o destacou hoxe en resposta a unha pregunta parlamentaria sobre este centro. A titular do departamento autonómico lembrou que esta nova proposta xa estará en marcha o próximo curso, isto é, en setembro deste ano. Neste sentido, recordou que, no “Santiago Apóstol”, a Xunta creará o “Centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña” (CAPD), que estará dotado cunha residencia, con 80 prazas, e un centro de día, con 40, que sumarán un total de 120. Ademais, manterase o actual colexio de educación especial “María Mariño”, con 60 prazas. “Polo tanto, imos poñer a disposición das persoas con discapacidade tres servizos específicos, aglutinados nun único centro, que prestarán servizos públicos correspondentes ás diferentes necesidades do colectivo de usuarios do centro”, proseguiu. Neste sentido, fixo fincapé en que o centro terá unha xestión pública, con persoal propio da Xunta de Galicia. Ao respecto, abundou en que o “compromiso da Consellería coa estabilidade laboral do persoal deste tipo de servizos é incuestionable”. Ademais, incidiu na vontade consenso da Consellería e en que os traballadores estiveron “puntualmente informados” do proxecto. “Desde xuño de 2010 ata agora houbo máis de dez reunións de altos cargos da Consellería con representantes sindicais, e mesmo co comité de empresa do centro, para falar especificamente deste asunto”, apuntou. Sobre a reformulación, explicou que responde á necesidade de adecuar a organización do centro á propia normativa, que establece que as persoas con discapacidade menores de 16 anos (sempre que non desexen seguir estudando ata os 21 anos) deben estar no sistema educativo especial; mentres que os maiores desa idade deben depender da atención asistencial. Con respecto á unha maior calidade na atención, a conselleira sinalou que, a partir desta reformulación, todos os usuarios recibirán unha atención continuada, os 365 días o ano. Neste sentido, a titular do departamento autonómico concluíu que a nova solución “busca responder ao único interese que debería estar por enriba de todo, que é a atención de calidade ás persoas atendidas no centro, evitando, por exemplo, que tiveran que marchar do centro durante períodos vacacionais”, como sucedía ata o momento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: