MATO DESTACA QUE BENESTAR ACORTOU O PRAZO DE TRAMITACIÓN DAS AXUDAS DA RISGA

  • A conselleira de Traballo e Benestar indicou hoxe no Parlamento que na actualidade o prazo máximo de tramitación destas axudas é de 15 días, mentres que en 2009 chegaba aos 23
  • A titular do departamento autonómico garantiu que os pagamentos destas axudas se efectúan en prazo
  • Apuntou que o Goberno galego incrementou o orzamento da Risga nun 3 por cento con respecto ao ano 2010 e que está a modificar a Lei de Inclusión Social para converter esta renda de inclusión “nun auténtico instrumento de inclusión para as persoas máis vulnerables”
  • Resaltou que o crédito inicial destas axudas sempre é ampliable, polo que todos os solicitantes da Risga que cumpran cos requisitos esixidos reciben esta prestación
  • O pagamento das nóminas aos perceptores das axudas da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) estanse a efectuar en prazo. Así o asegurou hoxe no Parlamento a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou que Benestar vén de reducir os prazos de tramitación destas axudas en todas as delegacións territoriais da Xunta a un prazo máximo de 15 días, mentres que en 2009 chegaba aos 23.   Mato explicou, así mesmo, que a tramitación e resolución das solicitudes novas depende tamén dos concellos. A valoración social dos expedientes corresponde ás corporacións locais, mentres que a resolución e o pagamento desta prestación é competencia da Xunta. A conselleira fixo tamén fincapé no orzamento que o Goberno galego destina a estas axudas. Explicou, ao respecto, que a Consellería de Traballo e Benestar incrementou a partida inicial destinada a estas subvencións nun 3 por cento con respecto a 2010. “O Goberno está a reforzar a atención dos colectivos máis vulnerables e está a garantir, polo tanto, a atención ás persoas que están a sufrir esta crise”, apostilou. Indicou que o crédito inicial destinado á Risga nos orzamentos é ampliable. Por primeira vez, recóllese na Lei de Orzamentos que esta partida se pode aumentar si é necesario. “Ningunha persoa que o necesite queda desatendida por este Goberno”, destacou. Así mesmo, a titular de Benestar lembrou que o Goberno galego está a tramitar a modificación da Lei de Inclusión Social para, entre outras actuacións, converter a Risga “nun auténtico instrumento ao servizo da inclusión social”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: