“O AUDITORIO DE VIGO É DOS VIGUESES, NON DO ALCALDE”

  • O titular de Infraestruturas engade que o Auditorio de Vigo é froito da cooperación de distintas administracións e lamenta o intento de apropiación pública desta obra
  • Defende que as obras son o resultado e o esforzo de moitas persoas, a maior parte delas anónimas, pero sen as que sería posible levar a cabo os proxectos
  • O orzamento aportado pola Xunta de Galicia elevouse a máis de 25 millóns de euros, o que supuxo un incremento de 6 millóns de euros respecto á achega inicial estipulada no convenio

 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe que o Auditorio e Vigo e dos vigueses e non do alcalde. O responsable de Infraestruturas fixo esta afirmación na súa intervención esta tarde no Pleno do Parlamento Galego para informar do recen inaugurado Auditorio Mar de Vigo. O titular de Medio Ambiente afirmou que este auditorio é patrimonio público e non debe usarse en beneficio propio. Engadiu que o auditorio da cidade olívica é froito da cooperación de distintas administracións e lamenta o intento de apropiación pública desta obra. O conselleiro afirmou que esta dotación cultural de Vigo é “o resultado e o esforzo de moitas persoas, a maior parte delas anónimas, pero sen as que sería posible levar a cabo os proxectos”. Argumentou que as obras públicas non son “unha cuestión de homes, non de nomes e na que ao final somos importantes todos”.Enumerou a todos aqueles responsables das distintas administracións que aportaron o seu traballo e o seu esforzo para facer realidade este auditorio, pero sobre todo a todos os galegos e galegas que teñen contribuído ao seu financiamento. Agustín Hernández tamén recordou que a inversión levada a cabo pola Xunta de Galicia, dende que se firmou o convenio de colaboración entre as dúas administracións no ano 2004, foi de máis de 25 millóns de euros. Este investimento supuxo un incremento de máis de 6 millóns de euros respecto á achega inicial estipulada no antedito convenio. Pola súa banda, o Concello de Vigo aportou 12 millóns de euros. En referencia á ausencia de alusións á Xunta de Galicia na placa conmemorativa colocada polo Concello de Vigo, o conselleiro restou importancia a este comportamento e indicou que estas condutas delatan un proceder pouco respectuoso e carente da lealdade desexable entre as administracións. Agustín Hernández explicou que “para facer xustiza na implicación desta infraestrutura, faría falta unha placa de extraordinarias dimensións para dar cabida a tantas persoas”. Tamén afirmou que o auditorio de Vigo é o resultado dunha cooperación a través do tempo entre administracións e mesmo entre forzas políticas de diferentes signo, por riba de ideoloxías e personalismos. Placas conmemorativ O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que o actual Goberno tomou a decisión de non incluír alusións persoais nas placas conmemorativas das obras executadas pola Administración galega, pois as obras son o resultado do esforzo e do traballo de todos os homes e as mulleres de Galicia, reiterou, ao que engadiu que as obras que constrúe a Administración son, pola súa propia natureza, públicas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: