O PP DE REDONDELA CONGRATÚLASE DO INICIO DAS MEDIDAS DE SEGURIDADE TOMADAS NA AVENIDA DE MENDIÑO

  • Os populares lembran que estas medidas forman parte dunha vella demanda do colectivo veciñal da zona á que o Goberno local fixo “oídos xordos” durante moito tempo
  • A solución a este problema deu comezo coa construción de pasos de peóns elevados

O Partido Popular de Redondela alégrase de ver por fin o comezo da solución a un grave problema existente ata o día de hoxe na avenida de Mendiño. Xa fai tempo que un grupo de veciños solicitara ao Goberno local medidas de seguridade nesta rúa antes os múltiples sinistros que alí se viñan producindo e o perigo que elo supón para condutores e, sobre todo, viandantes. Dende entón, “este Bipartito non fixo nada por dar resposta a esta demanda e solucionar o problema, sendo cada vez maiores os accidentes producidos na zona e chegando incluso a situacións moi graves”, explica Javier Bas, presidente da Xestora local e candidato á Alcaldía.Foi no pleno ordinario do mes de decembro do pasado ano cando o PP solicitou a comparecencia do concelleiro delegado de Tráfico, Eduardo Reguera, para que explicase a relación de medidas tomadas ao respecto, “das que eles tanto falaban pero que os veciños non vían”. Hoxe, por fin, podemos anunciar o inicio desas medidas, “non sen tempo”, das que “nos beneficiaremos todos os redondeláns e todas aquelas persoas de fóra do noso municipio que pasan a miúdo por esta zona”, sinala Bas. Concretamente o que se está a executar é a creación de pasos de peóns elevados para que deste xeito os vehículos que circulen por dita vía minoren a velocidade. “Estamos convencidos de que ao menos de agora en diante vaise circular doutro xeito por esta avenida tan concorrida, xa que ademais de ser entrada para o porto e a praia, a zona do instituto e o centro de saúde, é unha zona de locais de ocio nocturno onde é imprescindible que se controle o tráfico con este tipo de actuacións”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: