O PROGRAMA EDUCATIVO "MERGULLÁNDOSE NAS IILAS ATLÁNTICAS" RECIBE BOA ACOLLIDA ENTRE NENOS PRIMARIA

    No que vai de mes, 16 colexios do entorno costeiro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia participaron neste programa
–   Preto de 800 alumnos participan desta iniciativa que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural
–   O obxectivo desta iniciativa é difundir entre os rapaces os valores naturais deste espazo e que se impliquen na súa protección e conservación 
  Alumnos dos colexios de Magaláns-Dorrón, en Sanxenxo, e de Sagrada Familia, en Vilagarcía de Arousa, participaron hoxe no programa educativo “Mergullándose nas Ilas Atlánticas”, que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural.
 Os rapaces desprazáronse ata a Illa de Ons para coñecer in situ os valores naturais deste espazo. Con este programa educativo quérese dar a coñecer e achegar aos nenos os valores naturais e culturais deste espazo protexido, dun xeito ameno e cunha metodoloxía o máis participativa posible. 
 No que vai de mes, 16 colexios do entorno costeiro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia participaron neste programa visitando os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e as Illas Cíes co fin de conseguir unha maior implicación na protección e conservación do único parque nacional que hai en Galicia.
 Preto de 800 rapaces
O programa vai dirixido aos alumnos de 5º de Educación Primaria dos municipios do entorno costeiro do Parque, que se ven desenvolvendo dende o pasado mes de marzo e rematará en maio. Nesta edición participan un total de 796 rapaces de 24 colexios de Cambados, Cangas, Marín, Moaña, Nigrán, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: