A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONARÁ A INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE MELLORA MEDIOAMBIENTAL E DE ACCESIBILIDADE NOS PORTOS DEPORTIVOS DA PROVINCIA

Dentro do programa de Cooperación Transfronteirizo de deportes náuticos Nea2 acaba de facer pública unha convocatoria de 52.000 euros A Deputación de Pontevedra vén de anunciar unha convocatoria para subvencionar a instalación en portos deportivos de sistemas de mellora medioambiental e da accesibilidade. O obxectivo é tratar de paliar as eivas medioambientais e de accesibilidade que presentan os portos deportivos da provincia. As axudas, en total 52.000 euros, inclúense dentro do programa transfronteirizo NEA2 para potenciar os deportes náuticos e darlles un impulso no eido social e medioambiental. “Hai unhas semanas entregámoslle aos responsables de 23 portos deportivos de Pontevedra os resultados dun estudo nos que se recollían diferentes deficiencias no eido medioambiental que había que tratar de solventar. Eles pedíronnos axuda para poder mellorar os seus programas de prevención e tratamento medioambiental e froito desa petición fixemos pública esta convocatoria de subvencións”, explicou o presidente provincial, Rafael Louzán. A contía total da subvención será de 52.000 euros, dos cales o 65% son financiados con fondos FEDER e outro 35% con fondos da Deputación. Desta cantidade, 34.000 euros estarán destinados a equipamentos medioambientais e outros 18.000 euros a melloras da accesibilidade. A subvención para equipamentos medioambientais recolle todo o relacionado co tratamento de residuos, contedores de reciclaxe, aproveitamento de augas pluviais, equipos de medición da calidade das augas, kits anticontaminación, dispositivos de recollida e tratamento de augas de sentina, instlación de paneis solares ou informativos, etc. “Trátase de subvencionar calquera tipo de equipamento que axude á mellora medioambiental e contribúa a mellorar a calidade das nosas augas, algo moi importante para o turismo e a pesca”, salientou Rafael Louzán. En segundo lugar, os equipamentos para melloras na accesibilidade están orientadas á construción de ramplas de acceso normais ou motorizadas nos peiraos e resto das instalacións, guindastres específicos ou calquera elemento que posibilite que as persoas discapacitadas poidan practicar deportes náuticos. “Somos unha potencia en deportes náuticos con máis de 6.400 prazas de amarre e como administración temos que poñer en marcha todos as medidas necesarias para que os deportes náuticos sexan universais e accesibles a todo o mundo e para iso hai que acabar coas barreiras arquitectónicas e mellorar a accesibilidade”, explicou o presidente provincial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: