Abel Caballero defende a igualdade de oportunidades na súa visita a Sampaio.

 

A candidatura socialista visitou a parroquia de Sampaio  Carmela Silva destacou o investimento superior aos 1,5 millóns de euros Os socialistas atenderon ás peticións dos veciños para o programa electoral Durante a visita a Sampaio, Carmela Silva puxo en común cos veciños as principais melloras levadas a cabo na parroquia entre as que destacan as humanizacións de Casal de Arriba e Casal de Abaixo, as melloras dos viais da parroquia como no Camiño Canteira, Areiro, Lavadeiro e Camiño das Laxes e as actuacións no parque infantil de Sampaio e no seu entorno. Nos últimos catro anos, os investimentos realizados na parroquia de Sampaio foron superiores aos 1,5 millóns de euros. A número dous da candidatura socialista destacou que unha parte importante deste orzamento estivo destinada á instalación de novos bancos, pasos recrecidos e bandas rugosas e á recuperación de lavadoiros. Melloráronse tamén as instalacións deportivas, o alumeado público, a rede de abastecemento e saneamento e leváronse a cabo tarefas de limpeza nas cunetas da parroquia.  Durante o acto, os socialistas invitaron a todos os veciños a colaborar na elaboración do programa electoral, “traballamos para conseguir unha cidade de futuro, que dea resposta ás demandas dos vigueses e viguesas, queremos unha cidade para todos e por iso consideramos tan importante atender ás súas demandas e suxestións coas que poder elaborar un proxecto á medida de Vigo e dos seus cidadáns” destacou Caballero. 
  

 

 

 
 
 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: