Noticias Ayuntamiento de Vigo 114-04-11 Galicia


Caballero salienta que a humanización de Aragón dará paso a un novo “centro de Vigo”

O alcalde visitou na mañá deste xoves os traballos que se están a desenvolver na rúa, nos que se tamén inclúen tamén a zona de confluencia con Genaro de la Fuente, e na que o goberno local investirá 2 millóns de euros. O rexedor socialista avanzou que a humanización estará rematada “en semanas” e que conformará, xunto as remodeladas Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo, un novo ámbito de referencia na cidade

 


O alcalde adianta que o Concello ampliará o albergue do Berbés incorporando o baixo do edificio

Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o convenio para a xestión do centro de inclusión social que irá emprazado no Berbés será asinado de “inmediato” a sinalou que “estamos a facer a adaptación técnica porque imos engadir o baixo ao albergue”. O baixo do edificio estaba ocupado por unha oficina de Caixanova que vai deixar, e o Concello integrará este andar no proxecto, culminando nun albergue de cinco alturas.

 


Santi Domínguez salienta que a Axencia da Enerxía pechou o 2010 con superávit e impulsou iniciativas de aforro enerxético

O tenente de alcalde e presidente da Fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), manifestou hoxe a súa satisfacción por que esta entidade pechou o balance de 2010 cun superávit de 40.000 euros, que mantén a liña positiva destes últimos anos. O nacionalista destacou ademais que Faimevi desenvolveu un amplo programa de iniciativas en materia de aforro enerxético e sostenibilidade.

 


Caballero anuncia a contratación de 19 traballadores para reforzar a limpeza das praias no verán

Os 19 traballadores son os mesmos que foron contratados polo Concello na pasada tempada de verán, e inician hoxe a súa tarefa que prolongarase ata outubro. O alcalde vigués avogou por que “as praias de Vigo sigan tendo a limpeza excepcional que tiveron o pasado verán” e transmitiulle ao persoal a “importancia” dos areais vigueses, que no verán convértense en elementos “referenciais” da urbe. “Seguimos xerando emprego na cidade”, concluíu Abel Caballero.

 


O alcalde recibiu á cónsul de Uruguay, Marta Echarte

Abel Caballero recibiu na mañá deste xoves a visita de cortesía da cónsul xeral en Galicia-España de Uruguay, Marta Echarte Baraibar, quen ocupa o cargo desde o pasado ano 2010. Durante o periodo 2002-2007, Marta Echarte ostentou o mesmo posto diplomático en Madrid.

 


Tenencia e Benestar destinan 185.000 euros para potenciar os programas de prevención e atención ás drogodependencias

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os acordos de colaboración con catro entidades que traballan no eido das drogodependencias, como son Érguete, Madro, Alborada e Médicos do Mundo, ás que se destinan un total de 180.000 euros. Os nacionalistas destacaron que pese aos recortes da achega efectuada pola Xunta para realizar estes programas, o Concello de Vigo mantivo o seu investimento e ademais logrou quintuplicar o número de usuarios e usuarias en catro anos nos programas de prevención, ao chegar a máis de 10.000 persoas neste curso 2010-2011.

 

A Casa Galega da Cultura acolle mañá venres a conferencia “A arte galega na República”

Enmarcada na conmemoración da declaración da II República hai hoxe 80 anos, o Museo da Cidade “Quiñones de León” organiza mañá, 15 de abril ás 20 horas na Casa Galega da Cultura, a conferencia “A arte galega na República”, a cargo do crítico Carlos L. Bernárdez. Segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico, para a arte galega o período republicano supuxo unha época dourada, especialmente co pulo de artistas como Laxeiro, Colmeiro, Maside e Souto, entre outros, cuxas mellores obras poden contemplarse na propia Pinacoteca, recentemente inaugurada na rúa Abeleira Menéndez.

 

A compañía Tanttaka representa mañá no Auditorio Municipal a obra “La mujer justa”, de Sandor Márai

O Auditorio Municipal acollerá mañá, 15 de abril, a representación da adaptación da obra de Sandor Márai “La mujer justa” ás 21 horas, a cargo da compañía Tanttaka. Esta actuación enmárcase no programa “Con T de Teatro” que a Concellería de Cultura organiza no Auditorio do Concello. O prezo das entradas é de 7 euros e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: