Archivo | abril 16, 2011

El Grupo Municipal del PP se felicita de que el Banco de España haya aprobado el plan de capitalización de Novacaixagalicia

El Grupo Municipal del PP lamenta que el alcalde haya deseado el fracaso de esta operación, adelantándose a los acontecimientos. “Abel Caballero anunciaba el fracaso hace unos días. Parece un pájaro de mal agüero, agorero del fracaso. Desea siempre que todo salga mal, pero siempre se equivoca. Hace dos días parecía estar deseando que el plan de Novacaixagalicia no fuese adelante. Esta aprobación por parte del Banco de España es una muestra de confianza en el proceso de fusión, en la hoja de ruta que se ha marcado desde Novacaixagalicia”, explica el concejal Ignacio López-Chaves. El Partido Popular mostró su rigor y seriedad manteniendo la misma postura durante todo este proceso. “Mantuvimos el rigor y la coherencia. Defendimos el interés general de los vigueses ante una situación difícil a la que nos llevó el Gobierno Central. Las cosas se hicieron bien. Ahora se demuestra que la fusión fue la mejor opción. ¿Cuántas comunidades autónomas y ciudades de España han perdido todo su peso financiero? Gracias a la fusión ni Galicia ni Vigo desaparecieron del mapa financiero español. Seguimos manteniendo los empleos y el apoyo al tejido productivo y empresarial de esta ciudad”. “Abel Caballero parecía desear que fracase todo este proceso de capitalización. El PP se mantuvo siempre en el mismo criterio a nivel local y regional. El alcalde dijo primero que sí a la fusión, luego que no, después que todo el proceso fue gracias a su gestión y finalmente ahora vuelve a criticar la fusión”, afirmó el concejal. “Gracias al trabajo y esfuerzo de todas las partes implicadas en este proceso y con la poca alegría del alcalde tendremos una entidad financiera en Vigo”, concluyó.

Manifestación en Vigo apoyo Naval.

Cientos de personas partieron desde la Via norte de Vigo en apoyo de las empresas de la naval de Vigo politicos , trabajadores y empresarios manifestaron su pesar de las carencias económicas que esta pasando el sector.

O PARTIDO SOCIALISTA PRESENTA A SÚA A CANDIDATURA ANTE A XUNTA ELECTORAL

 

Os socialistas formalizan a presentación da lista que encabeza Abel Caballero   A candidatura representa a diversidade da cidade de Vigo A importancia que o proxecto de Abel Caballero da á defensa dos servizos públicos ponse de manifesto na decisión de incorporar como número tres da lista a un referente na defensa da sanidade pública, o médico Cayetano Rodriguez Escudero. Outro dos eixos do proxecto socialista, a creación de emprego, estará cuberto coa incorporación do dirixente de CCOO Manuel Fernández e a continuidade de Santos Hector vinculado a UXT. Raquel Díaz, Carlos Font, Isaura Abelairas, Sántos Héctor, Ángel Rivas e Chus Lago son algúns dos actuais concelleiros que repiten como candidatos co obxectivo de continuar un traballo iniciado hai xa catro anos ao fronte da Alcaldía do Concello de Vigo.  Na candidatura socialista participan persoas de todos os ámbitos da sociedade, a empresa e a Universidade así como representantes de diversos colectivos sociais e veciñais da cidade. En palabras de Abel Caballero “presentamos a candidatura que máis se parece a Vigo, nas nosas listas están representados todos os barrios e parroquias da cidade ao igual que todos os sectores sociais. Representamos o Vigo igualitario polo que traballamos” Leer Más…

Novacaixagalicia amplía o horario de Naturnova durante as vacacións escolares

 En Semana Santa, o centro abrirá as súas portas de martes a domingo, de 17 a 21 horas 
  Este ano,  o Venres Santo coincide coa celebración do Día da Nai Terra 
 . O Centro Interactivo de Educación Ambiental de Novacaixagalicia, Naturnova, vai ampliar o seu horario de apertura ao público a vindeira semana con motivo das vacacións escolares de Semana Santa. As instalacións permanecerán abertas de martes a domingo, de 17.00 a 21.00 horas, ofrecendo unha alternativa máis de ocio para as familias durante este período vacacional.

Novacaixagalicia rebaixa un 20% o prezo de 400 vivendas de segunda man

O desconto máximo chega ao 45% sobre o anterior prezo de venda

    Os pisos, na maior parte, de menos de 150.000 euros, están situados en 36 provincias de toda España

 O grupo inmobiliario de Novacaixagalicia aplica importantes descontos aos 386 pisos que compón actualmente a súa carteira de inmobles de segunda man a venda. A rebaixa media é do 21,45% sobre o seu prezo anterior, aínda que nalgúns casos alcanza o 45%. O 77% dos inmobles teñen un prezo inferior a 150.000 euros. Novacaixagalicia ofrece a posibilidade de financiar ata o 100% do prezo de venda do inmoble, ata un prazo de 40 anos. Os inmobles, situados en 36 provincias de 14 comunidades autónomas, poden consultarse na web escogecasa.es. O segmento maioritario (90%) é o dos pisos destinados a primeira residencia. Deses, o 27% teñen un prezo inferior os 100.000 euros, o 48% está situado entre 100.000 e 150.000, e o 25% restante supera os 150.000 euros. O 74% conta con 3 ou máis dormitorios. De feito, a tipoloxía máis frecuente é un piso de primeira residencia, de 3 ou máis dormitorios e menos de 150.000 euros, aínda que existe variedade de distribucións e prezos.

FEIJÓO ADIANTA QUE O PROXECTO DE LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO ENTRARÁ NO PARLAMENTO EN MENOS DE 9 SEMANAS, TRAS MÁIS DE 9 ANOS DE ESPERA

  • Destaca que esta norma é froito da tolerancia e a unidade que a Xunta aplica aos seus principais compromisos cos vigueses
  • Cita a depuradora, o novo hospital público, a Plisán, o desdobramento do Corredor do Morrazo, o Campus do Mar, e o novo Auditorio como mostras deste compromiso
  • Salienta as cifras do Porto de Vigo que, a pesar da crise económica, crece catro veces máis que a media de todos os portos españois, rexistrando marcas históricas no movemento de pesca conxelada ou de cruceiros
  • Afirma que estes datos permiten “manter a esperanza de que é posible reverter a tendencia da crise económica”

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que o proxecto de Lei de creación da área metropolitana de Vigo entrará no Parlamento en menos de 9 semana, tras máis de 9 anos de espera. Leer Más…

GEOLODÍA PONTEVEDRA 2011

La Asociación de Oceanógrafos de Galicia colabora con la Organización del Geolodía Pontevedra 2011.
Toda persona que quiera inscribirse a la Actvidad Geolodía Pontevedra 2011 lo puede hacer entre los días 25 de abril y 5 de mayo , a través de nuestro portal web:  www.oceanografosgalicia.org 

o por teléfono en el número 986813482 , de lunes a viernes en horario de 9:00 a 14:00 horas. El Geolodía 2011 se celebra el 8 de Mayo.  Para el Geolodía 2011 Pontevedra se organiza una excursión a la Ramallosa (Val Miñor).

O GRAN PARQUE VERDE DE SAN PAIO DE NAVIA QUEDARÁ ABERTO PARA DISFRUTE DOS CIDADÁNS DE VIGO A PARTIRES DE hoxe

  • A Zona Verde da urbanización de Navia ocupa case 90.000 metros cadrados e pasará a ser o segundo parque máis grande da cidade de Vigo, despois de Castrelos.
  • Está composto por espazos peonís, zonas verdes e axardinadas, estanques, fontes e unha gran cascada, ademais de diversas pérgolas e 10 zonas de xogos para nenos e nenas.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o director xeral do IGVS, Antonio Boné, acompañados dos técnicos e da empresa adxudicataria, realizaron hoxe unha última inspección para comprobar o estado de execución dos traballos. No que respecta ás instalacións de enerxía solar instaláronse un total de 244 módulos fotovoltaicos e tódolos elementos necesarios para a súa conexión á rede. Leer Más…

ARRINCA XUVENTUDE GALICIA NET, NA QUE ESTÁN INSCRITOS PRETO DE 1.200 PARTICIPANTES E QUE CONTARÁ CON AO REDOR DE 6.000 ASISTENTES

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á apertura de portas
  • O evento prolongarase ata o próximo domingo e terá un amplo abano de actividades de acceso libre

 Esta mañá abriu as súas portas a XII edición de Xuventude Galicia Net, que terá lugar durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposición de Galicia, en Santiago de Compostela. En total, hai preto de 1.200 participantes inscritos e prevese a asistencia de máis de 6.000 persoas á formación e ás actividades de acceso libre, ás que se poderá achegar todo aquel que o desexe. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á apertura de portas desta edición. Alí, o responsable desta área autonómica fixo especial fincapé na importante aposta que se está a facer este ano pola formación, a través de preto de 40 charlas e obradoiros. Polo tanto, destacou como especial novidade que nesta edición Xuventude Galicia Net achégase máis ao mundo da empresa a través dos seus poñentes e das distintas actuacións. Leer Más…