ARRINCA XUVENTUDE GALICIA NET, NA QUE ESTÁN INSCRITOS PRETO DE 1.200 PARTICIPANTES E QUE CONTARÁ CON AO REDOR DE 6.000 ASISTENTES

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á apertura de portas
  • O evento prolongarase ata o próximo domingo e terá un amplo abano de actividades de acceso libre

 Esta mañá abriu as súas portas a XII edición de Xuventude Galicia Net, que terá lugar durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposición de Galicia, en Santiago de Compostela. En total, hai preto de 1.200 participantes inscritos e prevese a asistencia de máis de 6.000 persoas á formación e ás actividades de acceso libre, ás que se poderá achegar todo aquel que o desexe. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á apertura de portas desta edición. Alí, o responsable desta área autonómica fixo especial fincapé na importante aposta que se está a facer este ano pola formación, a través de preto de 40 charlas e obradoiros. Polo tanto, destacou como especial novidade que nesta edición Xuventude Galicia Net achégase máis ao mundo da empresa a través dos seus poñentes e das distintas actuacións. Apuntou, ademais, que se prestará unha especial atención ás redes sociais, principalmente en materia de seguridade As charlas consolídanse nesta edición coma un referente a nivel nacional do mundo da formación e información en novas tecnoloxías, xa que contarán con poñentes de toda España. Tamén haberá un amplo abano de actividades de informática e de ocio. No que se refire á informática, haberá actividades centradas en Javascript, sobre o framework Symfony, HTML5 ou iniciación a Android, a plataforma electrónica Arduino ou a exhibición de helicóptero e Hexacopter. Outro tipo de xornadas serán os relacionados coas redes sociais, startups baseadas na internet, obradoiros de podcasting ou cómic, onde se reunirán profesionais de diferentes disciplinas para amosar as súas experiencias. A entrada ás charlas será de balde e de acceso libre. sta edición conta o venres cun curso de grafitis, así como cunha exhibición dos mesmos que adornarán o hall do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Os exteriores tamén serán unha extensión máis da XGN, coa posibilidade de empregar o Campo de Paintball, ou, para os cativos, farase a proxección da película de animación “Nico y el Reno”. Durante todo a fin de semana tamén se proxectarán de forma ininterrompida vídeos e filmes baixo licenza creative commons. Como novidades, esta edición realizaranse cursos de defensa persoal, xogo do pau e esgrima antiga europea. Así mesmo, o sábado pola tarde noite, ten previsto facerse un concerto ao aire libre coa actuación de varios grupos musicais. Todo o espazo lúdico está aberto e de balde para todo aquel que se queira achegar. Dentro da party, desenvolveranse campionatos para os participantes para xogar cos seus pc´s como o de Counter Strike 1.6, League of Legends, Super Street Fighter 4, ProEvolution Soccer. Para competir sen os ordenadores, haberá lanzamento de CD, air guitar ou dobraxe, entre outras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: