FEIJÓO ADIANTA QUE O PROXECTO DE LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO ENTRARÁ NO PARLAMENTO EN MENOS DE 9 SEMANAS, TRAS MÁIS DE 9 ANOS DE ESPERA

  • Destaca que esta norma é froito da tolerancia e a unidade que a Xunta aplica aos seus principais compromisos cos vigueses
  • Cita a depuradora, o novo hospital público, a Plisán, o desdobramento do Corredor do Morrazo, o Campus do Mar, e o novo Auditorio como mostras deste compromiso
  • Salienta as cifras do Porto de Vigo que, a pesar da crise económica, crece catro veces máis que a media de todos os portos españois, rexistrando marcas históricas no movemento de pesca conxelada ou de cruceiros
  • Afirma que estes datos permiten “manter a esperanza de que é posible reverter a tendencia da crise económica”

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que o proxecto de Lei de creación da área metropolitana de Vigo entrará no Parlamento en menos de 9 semana, tras máis de 9 anos de espera. O titular da Xunta, quen presidiu o acto de  entrega das Medallas da Autoridade Portuaria de Vigo, destacou que esta norma é un dos resultados da “receita” que aplica con tanto éxito o porto da cidade olívica e que o Goberno galego ten trasladado aos seus principais compromisos cos vigueses: “Aquí demóstrase que unha idea certeira abre a porta a un proxecto interesante, e aplicado con tolerancia e unidade, garántese que sexa fecundo e útil para todos”, explicou. Neste sentido, Feijóo citou a depuradora de Vigo, “que só agarda a ser adxudicada”; o novo hospital público, “que estamos a facer entre todos pese a crise económica”; a Plisán, o principal proxecto de solo industrial deste área, “que xa ten todas as garantías xurídicas e de conexión coa autovía”; o desdobramento do Corredor do Morrazo, “cuxos trámites xa están licitados”; o Campus do Mar, “co que todos estamos implicados”; e o Auditorio, “de todos os vigueses, e que xa está a disposición de todos os vigueses”. O Porto de Vigo, un oasis económico nestes temos de desacougo O presidente da Xunta remarcou que ese “espírito colectivo” que se ten forxando no Porto vigués xustifica que nel estea boa parte do futuro de Vigo. “Vigo ve o seu futuro no Porto porque aquí nacen algunha das súas grandes aspiracións, como a nova Autoestrada do Mar. Pero Vigo ve tamén o seu futuro no Porto porque aquí atopa moitas das claves que farán posibles os principais retos da cidade e da súa área de influencia”, afondou. “O Porto é o froito dunha actitude colectiva que suma esforzos, en lugar de ancorarse nun absurdo individualismo. Ninguén pode dicir que esa receita fose equivocada”, engadiu. Feijóo felicitou aos recoñecidos coas Medallas –Conxemar coa Medalla de Ouro e Bonifacio Logares, coa de Prata-, e ao equipo da Autoridade Portuaria como “os verdadeiros artífices de que o Porto de Vigo semelle un oasis económico nestes tempos de desacougo”. Neste sentido, o presidente galego destacou que, a pesar das enormes dificultades do momento, o Porto de Vigo crece “e faino catro veces máis que a media de todos os portos españois de interese xeral”, rexistrando marcas históricas no movemento de pesca conxelada ou de cruceiros “É xusto que recoñezamos por todo iso a todo o equipo que conforma a Autoridade Portuaria, capaz de mobilizar investimentos por valor de 100 millóns de euros para modernizarse, dar confianza aos emprendedores e preparase para afrontar os retos do futuro”, afirmou o presidente galego asegurando que a realidade do Porto vigués permite “manter a esperanza de que é posible reverter a tendencia da crise económica”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: