Noticias de Vigo 15-04-11 Galicia


Caballero ofertou a «cooperación» municipal no proceso productivo da industria da automoción

O alcalde visitou este venres a empresa Marsan Transformaciones Superficiales, compañía provedora da industria da automoción viguesa e galega cunha «enorme capacidade de I+D» e varias patentes internacionais. Caballero indicou que esta firma da cidade súmase á «enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación» como vía para a saída da crise.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a «cooperación» municipal nos seus procesos industriais como «factor de apoio» á automoción viguesa e galega.

 


O alcalde presenta un proxecto de ampliación do colexio público de Navia e planifica a construción dunha escola infantil

Abel Caballero revelou este venres o proxecto de ampliación con dúas novas liñas do colexio público de Navia, elaborado polos técnicos do Concello e cun custo estimado en 10 millóns de euros. O alcalde xa adiantou que porá os terreos a disposición da Xunta de Galicia para que execute a ampliación. Caballero tamén adiantou que proxecta a construción dunha escola infantil na parcela, edificada polo propio Concello de Vigo, e incluirá as partidas precisas nos próximos orzamentos.

 


Xesus López presenta os actos do aniversario do Verbum, coas exposicións «Vigo, cidade Babel» e «Galiza nas ondas»

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a programación do museo Verbum que conmemora o octavo aniversario da súa apertura, e na que a diversidade lingüística é o eixo central. Na presentación, o nacionalista salientou tres elementos fundamentais nesta programacion, como son o Plan Museolóxico do museo e as exposicións «Vigo, cidade Babel», que se inaugurará o 29 de abril, e «Galiza nas ondas», que comezará o 4 de maio.

 


Vigo e As Palmas de Gran Canaria rubrican o seu Irmandamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo canario, Jerónimo Saavedra, asinaron hoxe venres o acordo oficial de Irmandamento das dúas urbes, en presencia de representantes dos tres grupos políticos municipais. Vigo e As Palmas están vencelladas por lazos comerciais, sociais e culturais, ademais de polas relacións pesqueiras e a Casa de Galicia presente na urbe canaria. O Irmandamento afondará nas relacións entre as cidades e no seu coñecemento mutuo.

 


María Méndez comprométese a seguir colaborando coa asociación Avempo de atención ás persoas con esclerosis

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este venres a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (Avempo), á que agradeceu o seu labor coas persoas que padecen esta enfermidade. A concelleira nacionalista expresou o seu compromiso a seguir colaborando con esta entidade para que poida seguir traballando na mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas.

 


Xabier Alonso anuncia que a Vigo Cup tamén se xogará no Municipal Pahiño e terá todas as finais en Balaídos

A Vigo Cup atópase a un mes do peche de inscrición e xa conta con numerosas solicitudes para a undécima edición, que se xogará do 4 ao 10 de xullo. Equipos de Castela-León, Andalucía, Portugal continental e Azores xa reservaron aloxamento para competir na edición do décimo aniversario do evento, que comezou en 2001. Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, asegurou que «este é un torneo consolidado; a competición é secundaria porque nenos e nenas van convivir nun torneo internacional que para moitos será a primeira vez que xoguen, e gozarán das Rías e de bos campos».

 

Danza e teatro infantil son as propostas do Auditorio Municipal para este fin de semana

A programación de artes escénicas que a Concellería de Cultura organiza no Auditorio Municipal continúa este fin de semana con dúas propostas diferentes, como son a danza e o teatro infantil. Mañá, 16 de abril, a compañía Sólodos Neodans interpretará o espectáculo «Sólodos» ás 21 horas. O domingo, 17 de abril ás 18 horas, Ghazafellos representará a obra «Frankestein», recomendada para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O prezo das entradas para o espectáculo de danza é de 5 euros, e para o teatro é de 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros para os maiores; nos dous casos pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


10 ilustradores participan na exposicion «Soños ilustrados» na Escola de Artes e Oficios


A sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka e que se pode visitar do 15 de abril ata o 10 de xuño.As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais.

 


Presentacion do libro «Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro»

Oluns 18 presentase ás 19.30 horas na Casa sa Cultura a publicación titulada: Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro.O libro supón un auténtico descubrimento da faceta literaria de Laxeiro. Un traballo que recolle un total de 116 textos, dos que 83 son inéditos e 33 foron recompilados de diferentes publicacións.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: