O GRAN PARQUE VERDE DE SAN PAIO DE NAVIA QUEDARÁ ABERTO PARA DISFRUTE DOS CIDADÁNS DE VIGO A PARTIRES DE hoxe

  • A Zona Verde da urbanización de Navia ocupa case 90.000 metros cadrados e pasará a ser o segundo parque máis grande da cidade de Vigo, despois de Castrelos.
  • Está composto por espazos peonís, zonas verdes e axardinadas, estanques, fontes e unha gran cascada, ademais de diversas pérgolas e 10 zonas de xogos para nenos e nenas.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o director xeral do IGVS, Antonio Boné, acompañados dos técnicos e da empresa adxudicataria, realizaron hoxe unha última inspección para comprobar o estado de execución dos traballos. No que respecta ás instalacións de enerxía solar instaláronse un total de 244 módulos fotovoltaicos e tódolos elementos necesarios para a súa conexión á rede. Ademais, conta cunha rede de alumeado público coa instalación, entre outros elementos, de ao redor de 200 luminarias empotradas no chan. Por último, os cidadáns poderán disfrutar dos xogos de augas instalados coa construción das fontes, estanques e unha gran cascada. Estes sistemas hidráulicos terán un horario de funcionamento, que será: de luns a venres, de 11.30 horas a 13.30 e, pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas. Mentras, no fin de semana, as franxas horarias se amplían e, así, o sábado e o domingo estarán en funcionamento de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas. Con todo, o mantemento do parque correrá a cargo da Xunta ata que o o Concello de Vigo recepcione a obra e, neste senso, Molares fixo un chamamento á cidadanía e aos veciños e veciñas de Navia e avogou pola responsabilidade e sentido común “para conservar” esta nova zona pública e “entre todos coidemos este gran parque verde”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: