Archivo | abril 16, 2011

DESCONCIERTO CULTURAL PRESENTA: RUE ROYALE EL MARTES 19 DE ABRIL EN LA FÁBRICA DE CHOCOLATE CLUB

Este matrimonio formado por Brookln y Ruth Dekker, acaba de publicar Guide to an Escape, su segundo larga duración. Se trata de un LP de 11 cortes, que sigue la línea de su primer álbum homónimo: canciones de folk meloso y de fácil digestión, pero con unos arreglos y armonías vocales capaces de doblegar los corazones más rocosos. Rue Royale son el ejemplo perfecto del cambio de los tiempos en el panorama musical, el colmo del “hazlo tu mismo”: Ruth y Brookln producen y editan sus discos, ellos mismos se buscan y gestionan sus conciertos, mantienen su web, perfiles de redes sociales y tiendas online, y llevan la promoción de su música a los diferentes medios. La gran novedad en su caso es que lo hacen con notable éxito y viven de ello. Tras mudarse a Inglaterra a mediados del 2008, han vendido más de 5.000 cd’s y ofrecido más de 400 conciertos por Europa y Estados Unidos, tocando en importantes festivales europeos como el Eurosonic o el End of the Road, pero también en viviendas particulares o casas ocupadas. Su constancia les está llevando a conseguir numerosos sold-out en la presente gira europea, un auténtico tour de force con más de 40 conciertos en apenas dos meses.

Convocatoria pruebas Control Acceso Ocio Nocturno

CONVOCATORIA DE PRUEBAS PARA LA OBTENCIÓN DE LA HABILITACIÓN DEL PERSONAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS Y ACTIVIDADES RECREATIVAS.-plazo hasta el día 25 de abril para presentar toda la documentación en el Registro de cualquier sede de la Xunta de Galicia.
 Los requisitos que hay que cumplir para presentarse a estas pruebas son:
 -Ser mayor de edad.
-Carecer de antecedentes penales. Leer Más…

III Encontro Nacional de Mulleres 2011

DATAS : 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR : RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
INFO NOS TELÉFONOS   986 22 23 28   ///   606 92 91 37

Todas as actividades de encontro son gratuitas. Prazas limitadas, cubriranse por orden de inscrición. A Rede traballa en Galiza dende fai máis de 12 anos para acadar a igualdade, combatindo as consecuencias da violencia de xénero. E dende fai tres anos iniciamos estes encontros co fin de manter o contacto entre as asociacións de mulleres, co obxetivo de abrir novos camiños de interrelación e colaboración e fortalecer os xa existentes. Para elo celebramos de novo este encontro, co fin de formarmos , pero tamén de establecer relacións de axuda mutua e fortalecer redes de traballo.     Quremos convidar á participación de todas as mulleres que o desexen, pero máis específicamente ás mulleres que participan no movemento asociativo. As interesadas podedes anotarvos no local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30 ou nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31 . A data límite para anotarse é o día 19 de maio. As mulleres que non poidan quedar en Panxón a pasar a noite, deben avisalo no momento da inscrición.      

Noticias de Vigo 15-04-11 Galicia


Caballero ofertou a “cooperación” municipal no proceso productivo da industria da automoción

O alcalde visitou este venres a empresa Marsan Transformaciones Superficiales, compañía provedora da industria da automoción viguesa e galega cunha “enorme capacidade de I+D” e varias patentes internacionais. Caballero indicou que esta firma da cidade súmase á “enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación” como vía para a saída da crise.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a “cooperación” municipal nos seus procesos industriais como “factor de apoio” á automoción viguesa e galega.

 


O alcalde presenta un proxecto de ampliación do colexio público de Navia e planifica a construción dunha escola infantil

Abel Caballero revelou este venres o proxecto de ampliación con dúas novas liñas do colexio público de Navia, elaborado polos técnicos do Concello e cun custo estimado en 10 millóns de euros. O alcalde xa adiantou que porá os terreos a disposición da Xunta de Galicia para que execute a ampliación. Caballero tamén adiantou que proxecta a construción dunha escola infantil na parcela, edificada polo propio Concello de Vigo, e incluirá as partidas precisas nos próximos orzamentos.

 


Xesus López presenta os actos do aniversario do Verbum, coas exposicións “Vigo, cidade Babel” e “Galiza nas ondas”

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a programación do museo Verbum que conmemora o octavo aniversario da súa apertura, e na que a diversidade lingüística é o eixo central. Na presentación, o nacionalista salientou tres elementos fundamentais nesta programacion, como son o Plan Museolóxico do museo e as exposicións “Vigo, cidade Babel”, que se inaugurará o 29 de abril, e “Galiza nas ondas”, que comezará o 4 de maio.

 


Vigo e As Palmas de Gran Canaria rubrican o seu Irmandamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo canario, Jerónimo Saavedra, asinaron hoxe venres o acordo oficial de Irmandamento das dúas urbes, en presencia de representantes dos tres grupos políticos municipais. Vigo e As Palmas están vencelladas por lazos comerciais, sociais e culturais, ademais de polas relacións pesqueiras e a Casa de Galicia presente na urbe canaria. O Irmandamento afondará nas relacións entre as cidades e no seu coñecemento mutuo.

 


María Méndez comprométese a seguir colaborando coa asociación Avempo de atención ás persoas con esclerosis

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este venres a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (Avempo), á que agradeceu o seu labor coas persoas que padecen esta enfermidade. A concelleira nacionalista expresou o seu compromiso a seguir colaborando con esta entidade para que poida seguir traballando na mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas.

 


Xabier Alonso anuncia que a Vigo Cup tamén se xogará no Municipal Pahiño e terá todas as finais en Balaídos

A Vigo Cup atópase a un mes do peche de inscrición e xa conta con numerosas solicitudes para a undécima edición, que se xogará do 4 ao 10 de xullo. Equipos de Castela-León, Andalucía, Portugal continental e Azores xa reservaron aloxamento para competir na edición do décimo aniversario do evento, que comezou en 2001. Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, asegurou que “este é un torneo consolidado; a competición é secundaria porque nenos e nenas van convivir nun torneo internacional que para moitos será a primeira vez que xoguen, e gozarán das Rías e de bos campos”.

 

Danza e teatro infantil son as propostas do Auditorio Municipal para este fin de semana

A programación de artes escénicas que a Concellería de Cultura organiza no Auditorio Municipal continúa este fin de semana con dúas propostas diferentes, como son a danza e o teatro infantil. Mañá, 16 de abril, a compañía Sólodos Neodans interpretará o espectáculo “Sólodos” ás 21 horas. O domingo, 17 de abril ás 18 horas, Ghazafellos representará a obra “Frankestein”, recomendada para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O prezo das entradas para o espectáculo de danza é de 5 euros, e para o teatro é de 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros para os maiores; nos dous casos pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

 


10 ilustradores participan na exposicion “Soños ilustrados” na Escola de Artes e Oficios


A sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka e que se pode visitar do 15 de abril ata o 10 de xuño.As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais.

 


Presentacion do libro “Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro”

Oluns 18 presentase ás 19.30 horas na Casa sa Cultura a publicación titulada: Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro.O libro supón un auténtico descubrimento da faceta literaria de Laxeiro. Un traballo que recolle un total de 116 textos, dos que 83 son inéditos e 33 foron recompilados de diferentes publicacións.