AS OBRAS DE MELLORA DE REDES PLUVIAIS NA ESTRADA PONTE CALDELAS- SOUTOMAIOR (PO-244) COMEZARÁN O VINDEIRO MES DE MAIO

  • Dende a Consellería de Medio Ambiente destácase a importancia desta actuación, xa que se busca optimizar o funcionamento da depuradora do río Verdugo
  • Executarase unha nova rede de colectores de recollida de augas pluviais independente, conectando os sumidoiros existentes e as acometidas das vivendas á rede
  • O colector proxectado discurrirá polo centro do carril esquerdo, ubicándose baixo a calzada, polo que será necesaria a reposición de firme
  • O prazo de execución dos traballos é de 6 meses

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica as obras de mellora de redes pluviais na estrada Ponte Caldelas- Soutomaior (PO-244), na provincia de Pontevedra. A empresa adxudicataria foi Construcións Obras e Viais S.A (COVSA) e a achega para a realización do proxecto será de preto de 327.000 euros. As obras comezarán na primeira semana do mes de maio. Cómpre sinalar que co inicio desta obra dáse cumprimento ao anuncio realizado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante unha vista, a principios de marzo, a Soutomaior. Dende a Consellería de Medio Ambiente destácase a importancia desta actuación, xa que se busca optimizar o funcionamento da depuradora do río Verdugo, cuxo prazo de execución é de catro meses. As obras teñen por obxecto efectuar melloras en materia de augas pluviais na citada estrada, concretamente no intervalo comprendido entre os puntos quilométricos (pq) 10+200 e 11+300. Executarase unha nova rede de colectores de recollida de augas pluviais independente, conectando os sumidoiros existentes e as acometidas das vivendas á rede. O colector proxectado discurrirá polo centro do carril esquerdo, ubicándose baixo a calzada, polo que será necesaria a reposición de firme. O proxecto tamén contempla a rehabilitación do firme naquelas zonas onde estea agotada a capacidade estrutural. Realizarase unha reposición de tapas dos servizos existentes e sinalización horizontal. O Goberno galego, mediante a execución deste tipo de melloras, pretende resolver problemas en infraestruturas co fin de optimizar a calidade de vida dos cidadáns, fomentando o desenvolvemento económico e social. Estas obras buscan solucionar os problemas actuais existentes nesta estrada derivados sobre todo da carencia de recollida específica de augas pluviais. Esta situación supón que as augas da choiva son recollidas pola rede de colectores de saneamento de residuais, ocasionando problemas de funcionamento na depuradora do Río Verdugo en épocas de precipitacións. Ademais, o deteriorado estado da capa de rodadura aconsella unha pronta reparación. Con esta actuación presentada hoxe en Soutomaior, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conseguirá unha considerable mellora das características do firme e a mellora do funcionamento da EDAR do río Verdugo, cuxa explotación pasou este ano da Xunta ao Concello.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: