O BNG presentou en Oia a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais.

J Miguel Giráldez: Máis que un cambio o que Oia necesita é un recambio e para iso é necesario que formemos parte da corporación municipal
O Bloque Nacionalista Galego presentou este venres na Casa da Cultura de Mougás a candidatura coa que se presentará ás vindeira eleccións municipais.
O acto, ao que asistiron máis dun cento de persoas, foi presentado por Paula Soto Viñas -número tres na candidatura- e contou coa intervención de Sandra González -Alcaldesa de Tomiño-, Carme Adán -deputada no Parlamento Galego- e J Miguel Giráldez -Candidato á Alcaldía de Oia.
Durante a súa intervención, o candidato nacionalista insistiu na necesidade dun cambio profundo na política que se está a facer no concello de Oia e afirmou que: “Tendo Oia tantos recursos e tanto potencial, algo se ten que estar facendo mal desde o goberno municipal para estar na situación de atraso que temos con respecto os concellos veciños e o BNG é a única alternativa a esta situación” .
Entre as cuestións que o Bloque Nacionalista Galego considera prioritarias para Oia, o candidato nacionalista salientou a dotación de auga municipal necesariamente unida á aprobación dun Plan Xeral de ordenación Municipal (PXOM); o saneamento integral en todo o Concello; un centro de saúde axeitado; procurar solucións aos evidentes problemas de transporte público e a recuperación e posta en valor do patrimonio cultural e paixasístico como motor que converta o turismo nunha fonte de riqueza para Oia.
J Miguel asegurou que o BNG ten capacidade para dar solución ás carencias que sofre Oia e ideas realistas para activar a súa economía. Entre outras nomeou a posibilidade de crear na localidade unha pequena área industrial centrada nas enerxías renovábeis e a construcción dun parque de ocio nas Orelludas.
Pola súa banda a deputada do BNG Carme Adán salientou o compromiso que o candidato de Oia ten co seu concello e o contacto constante que mantén co Grupo Parlamentar do BNG para levar á Xunta de Galiza as preocupacións das veciñas e veciños de Oia. Comentou tamén a deputada nacionalista a necesidade da presenza do BNG na corporación municipal como única forza política realmente comprometida cos problemas das maiorías sociais e o mantemento dos servizos públicos.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa total confianza na candidatura do BNG en Oia asegurando que a presenza do BNG no concello é fundamental para un cambio real no xeito de facer política municipal.

 presentáronse ás mulleres e homes que acompañan a J Miguel na candidatura:
MARIO VILA ÁLVAREZ
PAULA SOTO VIÑAS
DAMIÁN VALVERDE RODILLA
LUCÍA FLORA LÓPEZ PÉREZ
JUAN VICENTE GONZÁLEZ PÉREZ
XURXO IGLESIAS IZQUIERDO
MARIA FE GONZÁLEZ PÉREZ
LAURA TOBA ESTÉVEZ
DANIEL FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
MARIA JESÚS DE LA MILAGROSA TOBA GIRÓN
ESTRELA VALVERDE RODILLA
ALFONSO MARIA DE LIGORIO ÁLVAREZ CACCAMO
ANA MARÍA GANDÓN MENDUIÑA

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: