PORTOS DE GALICIA E A DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE ASINAN SENDOS ACORDOS PARA A ADSCRICIÓN AO ENTE PÚBLICO DAS ESTACIÓNS MARÍTIMAS DE PASAXEIROS DE CANGAS E MOAÑA

  • A concentración de todas as funcións de ambos portos nun só organismo dará lugar a unha maior eficacia no emprego de recursos públicos e prestación de servizos  O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, e o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, veñen de asinar  sendos acordos para a adscrición ao ente público das estacións marítimas de pasaxeiros das localidades pontevedresas de Cangas e Moaña. En virtude deste acordo, a titularidade da xestión de ambas instalacións pasa a ser, dende agora, do organismo portuario A actual estrutura da Xunta de Galicia, na que Portos de Galicia adscríbese á Consellería do Mar, e non como viña sendo anteriormente ao anterior departamento responsable de Territorio e Infraestruturas, aconsella que as responsabilidades que o departamento de Agustín Hernández viña exercendo sobre as terminais, se transfira directamente a Portos de Galicia. Deste xeito, a concentración de todas as funcións relativas aos portos de Cangas e Moaña nun só organismo, incluídas as de xestión da terminal marítima de pasaxeiros, dará lugar a unha maior eficacia no emprego dos recursos públicos e redundará nunha mellora dos servizos prestados. Tras efectivizarse o cambio de titularidade, Portos de Galicia prevé agora a actualización das concesións de xestión de ambas estacións marítimas, de xeito que poidan adaptarse as novas demandas e necesidades presentes dos usuarios. Así mesmo revisarase a prestación de servizos, co obxectivo de incidir na maior calidade dos mesmos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: